Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Verea (expediente IN407A 2022/202-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación de varios apoios en LMT CEL806 Bande-As Conchas.

Situación: O Vieiro, concello de Verea.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución de 5 apoios (núm.: B5D5B99I//91, B5C75X5//92, B5BHWHAO//93, B5A12DMW//95 e B5576EW1//99) por deterioración, instalando no seu lugar novos apoios metálicos de celosía e o cambio de condutor a LA-110 na zona afectada, con retensado do condutor nos vans adxacentes.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 482 do COITIOU, o 3 de xuño de 2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 30 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2022/202-3.

Termo municipal: Verea.

Denominación da instalación: regulamentación de varios apoios en LMT CEL806 Bande-As Conchas.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32085A069002480000IH.

Lugar: Puntillón.

Cultivo: monte alto.

Titular: descoñecido.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. B5D5B99I//91.

Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32085A069002340000IO.

Lugar: Campiños.

Cultivo: monte alto.

Titular: descoñecido.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. B5BHWHAO//93.

Predio núm. en proxecto: 4; referencia catastral: 32085A069002230000IY.

Lugar: Vada de Gontán.

Cultivo: monte alto.

Titular: descoñecido.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. B5A12DMW//95.