Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 20220059AE-LU, por infracción en materia sanitaria.

O día 14 de novembro de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 20220059AE-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar esta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán os seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 15 de decembro de 2022

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: 20220059AE-LU.

DNI da persoa interesada: 33999618Y.

Último enderezo coñecido: avenida de Galicia, 20, 2º A, 27700 Ribadeo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 42.bis.d) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 8/2021.

Tipificación: unha infracción grave.

Sanción imposta: tres mil un euros (3.001,00 €).