Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 18 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas en varios procedementos (expediente 2005/107-5 e nove máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos que se indican no referido anexo instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación ou por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, as persoas interesadas por si ou a través das persoas que legalmente as representen, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra as resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe a interposición do recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data da súa notificación, practicada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 18 de novembro de 2022

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Núm.

expediente

Interesado/a

Efectos xurídicos

Data da resolución

2005/107-5

36074137V

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

3.3.2022

2005/129-5

52470318G, 36056392M

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

3.3.2022

2005/157-5

35307095M

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

3.3.2022

2005/197-5

35306020P

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

3.3.2022

2005/216-5

36085136E, X2543576Y

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

8.3.2022

2006/102-5

36055378A, 36095935B

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

8.3.2022

2006/118-5

13712431S, 32034128G

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

8.3.2022

2006/157-5

35444351V, 35313336X

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

8.3.2022

2007/100-5

36112841N, 33439629K

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

8.3.2022

2007/158-5

36146418D, 36098223E

Declaración de caducidade y arquivamento do expediente

8.3.2022