Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 1393

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 13 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MT809D).

De acordo co disposto no artigo 148.1.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de conservación da natureza.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten atribuída a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos, segundo o estipulado no Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

As poboacións dalgunhas especies silvestres están ocasionando que, con máis frecuencia, as colleitas agrícolas, os aproveitamentos forestais e a produción gandeira se vexan afectados negativamente. Para evitar estes danos é necesario poñer en marcha un conxunto de medidas que permitan protexer no posible os cultivos e as producións máis sensibles.

En todo caso, considérase conveniente protexer os cultivos agrícolas, as producións gandeiras e as producións complementarias do monte, como a apícola, naqueles lugares en que as características do medio se mostran especialmente propicias para que tales producións sexan afectadas.

O réxime xeral das axudas e subvencións nas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario a norma principal constitúea o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto e principios

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, e convocalas para o ano 2023 (procedemento MT809D).

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Actuacións subvencionables

1. Ao abeiro desta orde, subvencionarase:

a) Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: para a adquisición e manutención de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.

b) Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

c) Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

2. Non será obxecto de subvención:

a) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

b) O transporte dos materiais, a man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos, dos cerrumes de malla electrificada e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da actuación subvencionable.

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos

1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo e o oso:

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta, equino e apícola que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

No caso da prevención de danos ocasionados polo oso, as explotacións apícolas deberán estar asentadas en concellos zona oseira e área de influencia (anexo V).

2. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril.

Poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, dO 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, e modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Artigo 4. Adquisición de cans protectores e defensores do gando

1. Será subvencionable a adquisición de cans protectores e defensores do gando cunha idade inferior ou igual aos catro meses, das seguintes razas: mastín español, mastín do Pireneo e Can de Palleiro, así como os gastos da súa identificación. A persoa interesada deberá achegar a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente e a documentación acreditativa da identificación do animal e a súa inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), de acordo co establecido no punto 3 da disposición transitoria primeira da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. No caso do Can de Palleiro, deberase achegar, así mesmo, o certificado da entidade xestora do libro xenealóxico da raza, que acredite que o animal está rexistrado no Libro xenealóxico da raza correspondente.

2. Será subvencionable o gasto de manutención de cans protectores e defensores do gando das razas descritas no punto 1 deste artigo, cos mesmos requisitos sobre identificación e rexistro que os sinalados anteriormente.

3. Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación. O número dos animais subvencionables por explotación estará en función do número de reses da explotación gandeira e poderá subvencionarse un máximo dun can protector e defensor do gando por rabaño de ata 60 reses de gando menor ou 15 reses de gando maior, ata un máximo de tres cans por explotación, cando se supere este número de reses.

Así mesmo, poderanse cubrir os gastos de manutención de cans protectores e defensores do gando. O número dos animais subvencionables por explotación será determinado atendendo ao criterio descrito anteriormente.

4. O importe máximo das axudas para a adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación non excederá os 300 € por can e, no caso de gastos de mantemento, os 200 € por can.

Artigo 5. Adquisición de pastores eléctricos

1. As axudas relativas á adquisición dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, IVE excluído, ata un máximo de 3 pastores eléctricos por explotación.

2. A contía máxima da axuda por explotación será de 600 €.

3. O importe máximo das axudas para a adquisición de pastores eléctricos será de 150 € por pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica, e de 300 € por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico.

4. O número de pastores eléctricos que poderá subvencionarse por explotación gandeira ou agraria asignarase de acordo co seguinte:

a) No caso dunha explotación gandeira de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta e equino, en función do número de reses de gando maior e menor con que conte a explotación:

Núm. de reses de gando menor*

Núm. de reses de gando maior*

Núm. de pastores eléctricos

De 1 a 50

De 1 a 20

1

De 51 a 100

De 21 a 50

2

Máis de 100

Máis de 50

3

*Para os efectos desta axuda considérase: – Gando maior: gando bovino, equino e asnal

– Gando menor: gando ovino, cabrún e porcino

b) No caso dunha explotación apícola, en función do número de asentamentos con que conte a explotación:

Nº de asentamentos apícolas

Núm. de pastores eléctricos

Menor ou igual a 4

1

De 4 ata 10

2

Máis de 10

3

c) No caso dunha explotación agraria, en función da superficie admisible declarada na solicitude única da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2022:

Superficie admisible declarada (hectáreas)

Núm. de pastores eléctricos

Menor ou igual a 10

1

De 11 ata 20

2

Máis de 20

3

c) Para persoas propietarias de explotacións agrícolas destinadas ao autoconsumo, establécese un máximo dun pastor eléctrico por persoa beneficiaria.

5. Os pastores eléctricos que se adquiran deben cumprir, como mínimo, coas seguintes características técnicas:

• No caso dos pastores para a prevención de danos por oso:

a) Alimentación con batería de 12 V 17 Ah e placa solar incluída de 10 watts.

b) Enerxía de saída entre 0,3 e 2,2 joules.

c) Voltaxe de saída de polo menos 9,2 kV.

d) Control luminoso de batería.

e) Cargador de 12V 3A.

f) Debe incluír a placa solar, a batería e un cargador de batería.

• No resto dos casos, os pastores deberán cumprir como mínimo o seguinte:

a) Enerxía mínima de saída de 2 joules.

b) Alimentación mediante batería ou rede eléctrica.

c) Se a batería se alimenta mediante panel fotovoltaico, este será como mínimo de 10 watts.

d)Tensión mínima de saída de 9,2 kV.

Artigo 6. Adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada

As mallas terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde.

As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada, IVE excluído.

A contía máxima da dita axuda será de 100 € por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, persoas traballadoras autónomas, as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

2. A solicitude de axuda segundo o anexo II desta orde (procedemento MT809D) inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

b) Declaración de conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Declaración do cumprimento dos requisitos e condicións establecidos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Declaración do cumprimento dos requisitos e condicións establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

• Se a persoa titular é unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta co acordo dos/das partícipes para solicitar a subvención. Cando se trate dunha comunidade de bens, acreditarase que o acordo foi tomado pola maioría dos seus membros e o réxime de participación de cada un deles na dita comunidade. Cando se trate dunha comunidade de montes veciñais en man común, o acordo deberá estar tomado en asemblea e acreditado mediante acta ou certificación da secretaría.

• No caso de explotacións agrarias de autoconsumo que soliciten a adquisición de pastores eléctricos deberá acreditarse a titularidade da explotación a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.

• No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:

a) Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna (poder notarial, representación legal, copia de escrituras ou poder onde se acredite a representación legal...).

b) Mediante apoderamento apud acta efectuado por comparecencia persoal ou comparecencia electrónica na correspondente sede electrónica, ou a través da acreditación da súa inscrición no rexistro electrónico de apoderamentos da Administración pública competente.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c) Consulta do NIF da entidade solicitante para as persoas xurídicas.

d) Consulta do NIF da entidade representante.

e) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

g) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

j) Consulta de concesións pola regra de minimis.

k) Consulta da inscrición no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia (Rega), no caso de explotacións gandeiras e apícolas.

l) Consulta do censo gandeiro ou número de asentamentos da explotación referido a unha data posterior á da entrada en vigor desta orde de axudas, obtido da base de datos da aplicación informática da Consellería do Medio Rural, no caso de explotacións gandeiras.

m) Consulta da inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), no caso de explotacións agrarias.

n) Consulta das referencias Sixpac das parcelas nas que se aplicarán as medidas de prevención subvencionadas, unicamente no caso de explotacións agrarias dedicadas ao autoconsumo.

ñ) Consulta da superficie admisible declarada na solicitude única da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2022, de ser o caso.

o) Consulta da inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), de acordo co establecido no punto 3 da disposición transitoria primeira da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, no caso de solicitar a axuda para a adquisición e/ou manutención de cans protectores e defensores do gando das razas mastín español, mastín do Pireneo e Can de Palleiro.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 12. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 14. Criterios para a concesión da axuda

1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo.

Para a concesión das axudas para a adquisición de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia:

a) Titulares de explotacións gandeiras que non recibiron axudas polos mesmos conceptos en convocatorias de anos anteriores: 10 puntos.

b) Existencia de danos ocasionados polo lobo na explotación gandeira entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2022, que fosen avaliados favorablemente pola comisión de valoración establecida na orde anual pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos por esta especie: 20 puntos, incrementándose en 0,5 puntos por cada un dos danos sufridos neste período, ata un máximo de 5 puntos.

c) Localización da explotación gandeira: outorgaranse 10 puntos a aquelas explotacións localizadas nalgún dos concellos indicados no anexo III desta orde.

d) Número de cabezas de gando:

• Gando maior:

– Máis de 10 cabezas: 4 puntos.

– Máis de 20 cabezas: 10 puntos.

– Máis de 50 cabezas: 20 puntos.

• Gando menor:

– Máis de 30 cabezas: 6 puntos.

– Máis de 60 cabezas: 12 puntos.

– Máis de 100 cabezas: 25 puntos.

No caso de explotacións mixtas de gando maior e menor, a puntuación resultante será o sumatorio dos puntos obtidos polo número de cabezas de gando maior e menor.

a) Titulares de explotacións gandeiras que teñan contratada unha liña de aseguramento gandeiro que inclúa como riscos asegurables os ataques ao gando por animais silvestres: 5 puntos.

A concesión das axudas para a adquisición de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo cos criterios de valoración anteditos, e adxudicarase, cos límites fixados na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas que obteñan maior valoración en aplicación dos citados criterios, ata esgotar o dito crédito.

En caso de empate na puntuación obtida, este resolverase tendo en conta a valoración no criterio a), de persistir o empate, atenderase á cualificación no criterio b) e, se continúa a igualdade, dirimirase o empate segundo a orde de rexistro de entrada das solicitudes.

1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso:

No caso de danos producidos polo oso, establécese como criterio de valoración, por orde de preferencia:

a) O número de asentamentos que posúe cada explotación apícola:

• De 0 a 5 asentamentos: 4 puntos.

• De 6 a 10 asentamentos: 10 puntos.

• Máis de 10 asentamentos: 20 puntos.

b) A preexistencia de danos comunicados nos dous últimos anos na explotación: 10 puntos.

c) Explotacións apícolas que estean comprendidas total ou parcialmente, nalgún dos concellos indicados no anexo V desta orde, en que se establece a zona oseira e a súa área de influencia: 20 puntos.

d) Titulares de explotacións gandeiras que teñan contratada unha liña de aseguramento gandeiro que inclúa como riscos asegurables os ataques ao gando por animais silvestres: 5 puntos.

A concesión das axudas realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo cos criterios de valoración anteditos, e adxudicarase, cos límites fixados na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas que obteñan obtido maior valoración en aplicación dos citados criterios, ata esgotar o dito crédito.

En caso de empate na puntuación obtida, este resolverase tendo en conta a valoración no criterio a), de persistir o empate, atenderase á cualificación no criterio b) e, se continúa a igualdade, dirimirase o empate segundo a orde de rexistro de entrada das solicitudes.

1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril:

Para a concesión das axudas para a adquisición de pastores eléctricos para a prevención de danos ocasionados polo xabaril, establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia:

a) Solicitantes que non recibiron axudas polos mesmos conceptos en convocatorias de anos anteriores: 20 puntos.

b) Superficie total xestionada pola explotación agraria inscrita no Reaga:

– Menor ou igual a 10 hectáreas: 5 puntos.

– De 11 a 20 hectáreas: 10 puntos.

– Máis de 20 hectáreas: 20 puntos.

c) Titulares de explotacións agrarias que teñan contratada unha liña de aseguramento que inclúa como riscos asegurables os danos aos cultivos agrarios ocasionados por animais silvestres: 5 puntos.

d) Explotación agraria destinada ao autoconsumo: 3 puntos.

A concesión das axudas realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo cos criterios de valoración anteditos, e adxudicarase, cos límites fixados na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas que obteñan maior valoración en aplicación dos citados criterios, ata esgotar o dito crédito.

En caso de empate na puntuación obtida, este resolverase tendo en conta a valoración no criterio a), de persistir o empate, atenderase á cualificación no criterio b) e, se continúa a igualdade, dirimirase o empate segundo a orde de rexistro de entrada das solicitudes.

Artigo 15. Tramitación

1. As solicitudes remitiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O Servizo de Caza e Pesca Fluvial examinará e revisará a documentación adxunta que se especifica no artigo 9 desta orde.

2. No caso de que fosen detectados erros ou omisións, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de recepción do requirimento, emende ou complete a solicitude, coa indicación de que, se non o fai así, se terá por desistida da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido nos artigos 42, 43, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os citados requirimentos de emenda poderanse facer, ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a cal producirá os mesmos efectos que a devandita notificación.

4. Sen prexuízo do disposto no número 2, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á persoa solicitante que achegue a información e documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.

5. O Servizo de Caza e Pesca Fluvial emitirá informes á Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas para que esta continúe coa súa tramitación.

6. Unha vez recibidos os informes do Servizo de Caza e Pesca Fluvial, a Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, como órgano instrutor, realizará as propostas de resolución das solicitudes realizadas á Dirección Xeral de Patrimonio Natural ata esgotar o crédito consignado para o efecto.

7. En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.

Artigo 16. Resolución e recursos

1. De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a competencia para a concesión das axudas reguladas nesta orde corresponde á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A resolución que poña fin ao procedemento será motivada con suxeición ao establecido nas bases reguladoras desta orde.

2. O prazo máximo para resolver será de tres meses desde que se esgote o prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o prazo sen que se dite resolución expresa, as persoas solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, nos termos previstos no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 deste artigo, poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución for expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 17. Aceptación da axuda concedida

O outorgamento da subvención debe ser aceptado pola persoa beneficiaria no prazo máximo de dez (10) días desde a súa notificación, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que a persoa beneficiaria non comunique a súa aceptación dentro do prazo indicado, considerarase que se entende tacitamente aceptada a axuda concedida.

Artigo 18. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Rexistro Público de Subvencións

1. A concesión das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre reguladas nesta orde será obxecto de inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencionada en Galicia.

2. A solicitude para ser persoa beneficiaria de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na solicitude. Non obstante, as persoas solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorra algunha das circunstancias previstas na alínea d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Artigo 20. Modificación das actividades subvencionadas

Calquera modificación que se pretenda realizar nas actividades aprobadas, tanto no referente ao orzamento aprobado como ás distintas partidas que o compoñen, requirirá a aceptación expresa e previa da persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Para tal efecto, realizarase unha proposta de modificación xustificada, que se deberá presentar con quince (15) días hábiles de anticipación á súa realización.

Artigo 21. Xustificación do gasto

1. O pagamento da cantidade adxudicada a cada persoa física ou xurídica queda condicionado á xustificación dos gastos obxecto de subvención.

2. O prazo máximo para presentar a xustificación dos gastos rematará o día 4 de setembro 2023. Porén, poderase conceder, por petición xustificada da persoa física ou xurídica interesada realizada antes da finalización do prazo establecido sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros, unha ampliación do prazo de xustificación das axudas que non excederá a metade do prazo inicialmente previsto.

3. Para a xustificación do investimento obxecto de axuda, a persoa física ou xurídica beneficiaria deberá presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento segundo o anexo IV desta orde (procedemento MT809D), que inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante:

– Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, de ser o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia. Esta memoria axustarase ao modelo do anexo VI.

c) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, segundo o modelo do anexo VII.

d) Copia das facturas dos gastos emitidas dentro do período comprendido entre a data de entrada en vigor da orde e a data límite de xustificación, xunto cos extractos de contas ou documento bancario debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria, de xeito que quede acreditada a efectiva realización dos pagamentos.

e) No caso de adquisición de cans protectores e defensores do gando, documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente.

f) No caso do Can de Palleiro, deberase achegar, así mesmo, o certificado da entidade xestora do Libro xenealóxico da raza, que acredite que o animal está rexistrado no Libro xenealóxico da raza.

4. Vista a documentación presentada, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural fará, de ser o caso, proposta de pagamento da subvención concedida.

Artigo 22. Pagamento

O pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculado en función da porcentaxe subvencionada do custo final da actividade.

O pagamento realizarase logo da verificación do órgano concedente do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos previstos nos artigos 10 e 11 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 23. Crédito

1. Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Por iso, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente, nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2023, no momento da resolución.

2. As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun importe total dun millón seis mil catrocentos trinta e oito euros (1.006.438 €), con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.541.B.770.1, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, de acordo co seguinte:

a) Liña de prevención de danos ocasionados polo lobo: comprenderá ata un importe de setecentos mil euros (700.000 €), que se destinarán para a adquisición e mantemento de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada.

b) Liña de prevención de danos ocasionados polo oso: comprenderá ata un importe de vinte mil euros (20.000 €) que se destinarán para a adquisición de pastores eléctricos.

c) Liña de prevención de danos ocasionados polo xabaril: comprenderá ata un importe de douscentos oitenta e seis mil catrocentos trinta e oito euros (286.438 €) que se destinarán para a adquisición de pastores eléctricos.

A repartición anterior aplicarase sen prexuízo de que, unha vez atendidas todas as solicitudes para cada liña de actuación, poida utilizarse o posible orzamento sobrante nunha delas para atender solicitudes na outra.

3. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, de ser o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

Artigo 24. Control das actividades subvencionadas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que fosen obxecto das axudas, consonte o establecido no artigo 30.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Disposicións xerais

1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As persoas beneficiarias están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como a que lles requira calquera órgano comunitario de inspección ou control, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 36 da Lei 9/2007, citada, nos casos e termos previstos no artigo 33 da mesma lei.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Especificacións técnicas dos cerrumes móbiles de malla electrificada.

1. Cerrumes móbiles de malla electrificada:

Un valado electrificado instálase rodeando a parcela ou superficie en que se atopa o gando durante o día ou cercando os currais onde pasa a noite. Os valados electrificados desmontables permiten cambiar a súa situación en función das necesidades do gando.

As mallas electrificadas teñen que ter as seguintes especificacións:

– Altura mínima: 90 cm.

– Lonxitude mínima 50 m.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Concellos con maior probabilidade de incidencia de danos polo lobo

Provincia da Coruña

Provincia de Lugo

Provincia de Ourense

Provincia de Pontevedra

Abegondo

Abadín

Allariz

Agolada

Aranga

Alfoz

Amoeiro

Arbo

Arzúa

Baralla

Avión

Caldas de Reis

Baña, A

Barreiros

Baltar

Cañiza, A

Boiro

Becerreá

Bande

Cerdedo-Cotobade

Boqueixón

Begonte

Baños de Molgas

Covelo

Carballo

Castro de Rei

Beariz

Cuntis

Carral

Castroverde

Blancos, Os

Dozón

Cedeira

Cervantes

Bola, A

Estrada, A

Cerceda

Chantada

Bolo, O

Forcarei

Coirós

Corgo, O

Calvos de Randín

Fornelos de Montes

Corcubión

Cospeito

Castrelo do Val

Lalín

Coristanco

Folgoso do Courel

Castro Caldelas

Lama, A

Culleredo

Fonsagrada, A

Celanova

Meis

Curtis

Friol

Chandrexa de Queixa

Mondariz

Dumbría

Guitiriz

Cualedro

Moraña

Frades

Guntín

Entrimo

Ponte Caldelas

Irixoa

Incio, O

Irixo, O

Pontevedra

Laracha, A

Láncara

Laza

Rodeiro

Lousame

Lourenzá

Lobeira

Silleda

Mañón

Lugo

Lobios

Valga

Mazaricos

Meira

Maceda

Melide

Mondoñedo

Manzaneda

Mesía

Monforte de Lemos

Melón

Monfero

Monterroso

Merca, A

Muros

Muras

Mezquita, A

Muxía

Navia de Suarna

Montederramo

Negreira

Negueira de Muñiz

Monterrei

Ordes

Ourol

Muíños

Oroso

Outeiro de Rei

Nogueira de Ramuín

Ortigueira

Palas de Rei

Pobra de Trives, A

Outes

Pantón

Porqueira

Oza-Cesuras

Paradela

Punxín

Pino, O

Páramo, O

Quintela de Leirado

Pontes de García Rodríguez, As

Pastoriza, A

Rairiz de Veiga

Porto do Son

Pol

Riós

San Sadurniño

Pontenova, A

San Amaro

Santa Comba

Portomarín

San Xoán de Río

Santiago de Compostela

Ribadeo

Sarreaus

Santiso

Riotorto

Teixeira, A

Sobrado

Samos

Veiga, A

Somozas, As

Sarria

Viana do Bolo

Teo

Saviñao, O

Vilar de Barrio

Toques

Sober

Vilar de Santos

Tordoia

Taboada

Vilardevós

Touro

Trabada

Vilariño de Conso

Trazo

Triacastela

Xinzo de Limia

Vilasantar

Valadouro, O

Vimianzo

Vicedo, O

Zas

Vilalba

Viveiro

Xermade

Xove

missing image file

ANEXO V

Concellos de zona oseira e área de influencia

Baleira

Becerreá

Bóveda

Cervantes

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Nogais, As

Pedrafita do Cebreiro

Pobra do Brollón, A

Outeiro de Rei

Pol

Ribas de Sil

Samos

Triacastela

Quiroga

Carballeda de Valdeorras

Rúa, A

Rubiá

Veiga, A

Viana do Bolo

Vilamartín de Valdeorras

Vilariño de Conso

missing image file
missing image file