Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 1535

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022, pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS508C).

A consellería con competencias en materia de política social e xuventude convocou para o ano 2022, a través da Orde do 11 de maio de 2022, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado sénior (Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio).

Mediante a Resolución do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, publicase a Resolución do 24 de agosto de 2022 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 11 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 172, do 9 de setembro).

O artigo 17 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2022.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do dito artigo 17 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida en relación coas entidades de acción voluntaria e as entidades locais beneficiarias, respectivamente.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 17.5 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 15 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 20 de decembro de 2022, no cal se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. Non o faceren, de conformidade co artigo 17.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación
xustificativa das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 11 de maio de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS508C).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022.

Data do acto: 20 de decembro de 2022.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. Non o faceren comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 17.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Nº de exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508C 2022/031

Valoresc Innovation

G70377585

– Anexo IV: achegar copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados, achegar documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas e achegar acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito e da súa asociación á conta da entidade (art. 17.2.d).1º) e xustificar o concepto polo cal se retribúen os gastos aboados ás persoas voluntarias (art. 17.2.d).2º)
– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo IV

BS508C 2022/032

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

– Memoria de actividades: revisar as datas de actividades (art. 1)
– Anexo IV: presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 17.2.d).3º), remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (art. 17.2.d) e presentar RNT de outubro

BS508C 2022/034

Concello de Mos

P3603300I

– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (art. 4.1.c)
– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.3.a)

BS508C 2022/043

Asociación Cultural O Castro

G36116879

– Xustificación da axuda concedida (art. 17)

BS508C 2022/045

ONGD Senvalos

G70610282

– Xustificación da axuda concedida (art. 17)