Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 1571

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento CT207B).

O día 17 de agosto de 2022 publicouse, no Diario Oficial de Galicia, número 155, a Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207B).

O prazo de presentación de solicitudes, segundo o disposto no artigo 3 da convocatoria e no artigo 7.1 das bases reguladoras, foi dun mes, polo que este rematou o día 17 de setembro de 2022, e o prazo para presentar a xustificación da primeira anualidade estaba establecido para o día 1 de novembro de 2022, dado o carácter plurianual da convocatoria.

Ante o volume de solicitudes presentadas e a necesidade de practicar múltiples requirimentos de emenda, non foi posible realizar a valoración daquelas solicitudes que, cumprindo cos requisitos da convocatoria, deben someterse á Comisión de Valoración e, polo tanto, non se ditou resolución de concesión. Por este motivo o sector vén realizando reiteradas peticións, ante a imposibilidade de poder xustificar a primeira anualidade, precisamente por esa falta de resolución de concesión motivada polo escaso espazo temporal entre a fin do prazo de presentación das solicitudes e o prazo de xustificación da primeira anualidade.

Como consecuencia de todo o anterior, faise necesario establecer un novo prazo de xustificación que lles permita a aqueles que resulten beneficiarios xustificar o investimento realizado.

O día 29 de setembro de 2022 publícase no Boletín Oficial del Estado a Lei 18/2022, do 28 de setembro, de crecemento e creación de empresas, que modifica a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nos artigos 13 e 31. Esta novidade obriga a introducir as exixencias establecidas na nova regulación, polo que se teñen que modificar o artigos 2, punto 10; o artigo 10, punto 2.6, e o 25, punto 5, da convocatoria.

Para non lesionar dereitos de terceiros, ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207B).

Finalmente, e para poder responder ás solicitudes presentadas e ás novas solicitudes que se poidan presentar, resulta conveniente modificar o importe total do crédito establecido na convocatoria e trasladalo á anualidade de 2023.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron concedidas

RESOLVO:

Artículo 1

Abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes dun mes, contado desde o día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, na Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento CT207B). As solicitudes presentadas e os trámites realizados ata o momento da publicación da presente modificación terán plena validez e seguirán o seu procedemento ao abeiro desta resolución; unicamente terán que achegar a documentación acreditativa segundo o disposto no artigo 10, punto 2.6, da presente resolución».

Artículo 2

Modificar o artigo 2 engadindo o punto 10; os puntos 1 e 2 do artigo 3; o artigo 10 engadindo o punto 2.6, e o artigo 24 no punto 2 e engadinto o punto 5, das bases reguladoras da Resolución do 21 de xullo de 2022, que resultan redactados como segue:

«Artigo 2. Persoas beneficiarias

(…)

10. Non poderán ser beneficiarias destas subvencións as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais…».

«Artículo 3. Financiamento

1. As axudas obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 380.000 euros para a anualidade 2023 imputables á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2021 00001, da Axencia Galegas das Industrias Culturais...

2. Estas subvencións admitirán aqueles gastos que fosen realizados, e pagados, entre o 1 de outubro de 2022 e o 1 de agosto de 2023. O período subvencionable, polo tanto, abrangue desde o 1 de outubro de 2022 ata o 1 de agosto de 2023…».

«Artigo 10. Documentación complementaria

(…)

2.6. Para subvencións de importe superior aos 30.000 euros cando o solicitante sexa suxeito incluido na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, terá que cumprir os prazos de pagamento establecidos nela, circunstancia que acreditará coa presentación da conta de perdas e ganancias abreviada, e no suposto que non poidan presentalas, acreditarase o cumprimento dos prazos legais de pagamento coa certificación dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas».

«Artículo 24. Xustificación da subvención

(… )

2. O prazo para a xustificación remata o 1 de agosto de 2023.

(…)

5. Cando o beneficiario da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais».

Disposición adicional única

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o presidente do Consello Reitor, contado a partir do día seguinte ao da súa publicicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da
Axencia Galega das Industrias Culturais