Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 1566

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N).

O día 25 de agosto de 2022 publicouse, no Diario Oficial de Galicia, número 161, a Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N).

O prazo de presentación de solicitudes, segundo o disposto no artigo 3.2 da resolución e no artigo 7.1 das bases reguladoras, foi de dous meses, polo que este rematou o día 25 de outubro de 2022 e o prazo para a presentación da xustificación da primeira anualidade estaba establecido para o día 20 de novembro de 2022.

Ante o volumen de solicitudes presentadas e a necesidade de practicar múltiples requirimentos de emenda, non foi posible realizar a valoración daquelas solicitudes que, cumprindo cos requisitos da convocatoria, deben someterse á Comisión de Valoración e, polo tanto, non se ditou a resolución de concesión. Por este motivo, o sector vén realizando reiteradas peticións, ante a imposibilidade de poder xustificar a primeira anualidade, precisamente por esa falta de resolución de concesión motivada polo escaso espazo temporal entre a fin do prazo de presentación das solicitudes e o prazo de xustificación da primeira anualidade.

Como consecuencia de todo o anterior, faise necesario establecer un novo prazo de xustificación que lles permita a aqueles que resulten beneficiarios xustificar o investimento realizado.

Para non lesionar dereitos de terceiros, ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e competitividade da industria cultural e creativa galega, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N).

O día 29 de setembro de 2022, publícase no Boletín Oficial del Estado a Lei 18/2022, do 28 de setembro, de crecemento e creación de empresas, que modifica a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nos artigos 13 e 31. Esta novidade obriga a introducir as exixencias establecidas na nova regulación, polo que se teñen que modificar os artigos 2.2, o artigo 6.3 e os artigos 9 e o 23 da convocatoria.

Finalmente, tendo en conta que a apertura deste novo prazo determina que non se poderá resolver a convocatoria ata o exercicio de 2023, cómpre imputar todo o crédito destinado ao seu financiamento á anualidade de 2023 e, polo tanto, modificar o período de elexibilidade.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento, así como os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron concedidas

RESOLVO:

Artigo 1

Abrir un novo prazo de presentación de solicitudes dun mes, contado desde o día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, na Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N). As solicitudes presentadas e os trámites realizados ata o momento da publicación da presente modificación terán plena validez e seguirán o seu procedemento ao abeiro desta resolución; unicamente terán que aportar a documentación acreditativa segundo o disposto no artigo 9 punto 2.8 da presente resolución.

Artigo 2.

Modificar o punto 2 do artigo 2 engadindo a letra g); os puntos 1 e 2 do artigo 3; o punto 3 do artigo 6; o artigo 9 engadindo o punto 2.8, e os puntos 2 e 9 do artigo 23 da Resolución do 4 de agosto de 2022, que resultan redactados como seguen:

«Artigo 2. Persoas beneficiarias

(...)

2. Non poderán ser beneficiarias destas subvencións:

(….)

g) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais».

«Artigo 3. Financiamento

1. As axudas obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 2.000.000 euros imputables á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2021 00001, da Axencia Galega das Industrias Culturais correspondentes ao ano 2023.

2. Estas subvencións admitirán aqueles gastos que fosen realizados, e pagados, entre o 1 de outubro de 2022 e o 15 de xullo de 2023. O período subvencionable, polo tanto, abrangue o período comprendido entre estas datas…».

«Artigo 6. Concepto de gastos subvencionables

(…)

3. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluido nesta convocatoria, que abrangue desde o 1 de outubro de 2022 ata o 15 de xullo de 2023…».

«Artigo 9. Documentación complementaria

(…)

2.8. Para subvencións de importe superior aos 30.000 euros cando o solicitante sexa suxeito incluido na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, terá que cumprir os prazos de pagamento establecidos nela, circunstancia que acreditará pola presentación da conta de perdas e ganancias abreviada, e no suposto de que non poidan presentalas acreditarse o cumprimentos dos prazos legais de pagamento coa certificación dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas».

«Artículo 23. Xustificación da subvención

(...)

2. O prazo para a xustificación remata o 15 de xullo de 2023.

(…)

9. Cando o beneficiario da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais».

Disposición adicional única

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o presidente do Consello Reitor, contado a partir do día seguinte ao da súa publicicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia
Galega das Industrias Culturais