Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, dáse publicidade das actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica de saneamento en Viladóniga, Outeiro e Pedral, Boimorto (A Coruña)-OH.315.1175.

Clave do expediente: GA.21075.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en inxeñaría civil.

Orzamento base. Importe neto: 14.944,23 euros. Importe total: 18.082,52 euros.

Prazo de execución: 5 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 11.449,00 euros. Importe total: 13.853,29 euros.

Empresa contratista: Estudio Técnico y Consultoría de Ingeniería, Integrados, S.L.

b) Título: gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica de renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Leiro, Leiro (Ourense)-OH.232.830.

Clave do expediente: GA.21078.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base. Importe neto: 14.944,23 euros. Importe total: 18.082,52 euros.

Prazo de execución: 5 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 14.500,00 euros. Importe total: 17.545,00 euros.

Empresa contratista: E.I.C. Durán, S.L.

c) Título: gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica de novo sistema terciario na estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)-OH.315.1184.

Clave do expediente: GA.21080.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base. Importe neto: 11.862,37 euros. Importe total: 14.353,47 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 8.235,00 euros. Importe total: 9.964,35 euros.

Empresa contratista: Cuartazona Ingeniería, S.L.

d) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.315.1141. Mellora da rede de saneamento na parroquia de Irixoa, Irixoa (A Coruña).

Clave do expediente: GA.21083.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base. Importe neto: 11.602,50 euros. Importe total: 14.039,03 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 7.925,40 euros. Importe total: 9.589,73 euros.

Empresa contratista: Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L.

e) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada Saneamento en Viladóniga, Outeiro e Pedral, Boimorto (A Coruña)-OH.315.1175.

Clave do expediente: GA.21086.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base. Importe neto: 8.512,52 euros. Importe total: 10.300,15 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 5.500,00 euros. Importe total: 6.655,00 euros.

Empresa contratista: Atenea Seguridad y Medioambiente, S.A.U.

f) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada Renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Leiro. Leiro (Ourense)-OH.232.830.

Clave do expediente: GA.21089.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base. Importe neto: 8.512,52 euros. Importe total: 10.300,15 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 5.958,76 euros. Importe total: 7.210,10 euros.

Empresa contratista: Cíes Atlántico, S.L.U.

g) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.327.670. Saneamento no núcleo de Roimil, Friol (Lugo).

Clave do expediente: GA.21091.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base. Importe neto: 11.602,50 euros. Importe total: 14.039,03 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 9.165,98 euros. Importe total: 11.090,84 euros.

Empresa contratista: Técnica y Proyectos, S.A.

h) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada Novo sistema terciario na estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)-OH.315.1184.

Clave do expediente: GA.21093.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base. Importe neto: 6.487,48 euros. Importe total: 7.849,85 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 3.720,00 euros. Importe total: 4.501,20 euros.

Empresa contratista: Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación referida no punto 2) anterior financiada ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de Investimento 13.i «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; obxectivo específico 20.1.4 «Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde»; actuación 20.1.4.5 «Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

En concreto, as actuacións referidas no punto 2.a) e 2.e) encádranse dentro da operación Saneamento en Viladóniga, Outeiro e Pedral, Boimorto (A Coruña), as referidas no punto 2.b) e 2.f) dentro da operación Renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Leiro, Leiro (Ourense) e as referidas no punto 2.c) e 2.h) dentro da operación Novo sistema terciario na estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia