Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 898 e 899.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 1 de decembro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que se describen:

Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 898 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 50,93 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 899 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 73,49 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actual titular: Encarnación Elvira Valle Martínez (***4699**).

Novo titular: Cristian Rodríguez Valle (***7794**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Vigo, 2 de decembro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo