Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Magdita e Mariángeles.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Magdita e Mariángeles, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 20 de outubro de 2022, Julio Díaz del Río (***7372**), en nome e representación de Juelmar, S.L. (B36192284), solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Magdita e Mariángeles.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura, sobre a tramitación dos expedientes, é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Julio Díaz Lorenzo (***1063**), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Magdita.

Situación:

Cuadrícula número: 50.

Polígono: B.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 12.7.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Juelmar, S.L. (B36192284).

Novo titular: Julio Díaz Lorenzo (***1063**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mariángeles.

Situación:

Cuadrícula número: 49.

Polígono: B.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 12.7.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Juelmar, S.L. (B36192284).

Novo titular: Julio Díaz Lorenzo (***1063**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 5 de decembro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo