Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2526

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 19 de decembro de 2022 pola que se publican as bases das bolsas de comedor complementarias das bolsas de carácter xeral do MEFP para o curso académico 2022/23.

BDNS (Identif.): 664713.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1035

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que estea matriculado/a en grao ou máster en centros propios, ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro), no curso 2022/23.

Segundo. Obxecto

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do estudantado que teña unha situación económica que poida dificultar o seu acceso e permanencia na universidade.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de comedor no curso académico 2022/23.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de douscentos oitenta mil euros (280.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 19 de decembro de 2022 ata o 23 de xaneiro de 2023.

Vigo, 19 de decembro de 2022

O reitor
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6 de xullo)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade