Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2820

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2022 pola que se resolve a concesión dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño, correspondentes á convocatoria do ano 2022.

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 6 de abril de 2022 (publicada no DOG núm. 84, do 2 de maio) establecéronse as bases reguladoras e convocáronse os Premios Galicia de Innovación e Deseño, co obxectivo de destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

En cumprimento do establecido no artigo 12 das bases reguladoras, «A adxudicación dos premios realizarase mediante resolución da directora da GAIN, de acordo coa proposta do xurado».

De acordo co exposto, e seguindo o procedemento regulado nas bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os III Premios Galicia de Innovación e Deseño, despois da proposta do xurado, a:

– Premio Galicia de Innovación, modalidade Traxectoria Innovadora, a Catalina Fernández de Ana Portela, con NIF ***7981**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Innovación, modalidade Grande Empresa a Compañía Española de Algas Mariñas, S.A., con NIF ***6061**. O premio ten carácter honorífico.

– Premio Galicia de Innovación, modalidade Pequena e Mediana Empresa, a Alen Space, S.L., con NIF ***8671**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Deseño, modalidade Profesionais, a Isaac Piñeiro Meira, con NIF ***8678**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galicia de Deseño, modalidade Empresa, a Unvi Carroceros, S.L., con NIF ***3504**. O premio ten carácter honorífico.

– Premio Galicia de Deseño, modalidade Talento Emerxente, a Sara Regal Alonso, con NIF ***8407**. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

Segundo. Conforme ao artigo 21 das bases reguladoras, os premios financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.A2.561A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2022 polos importes que se indican:

Categorías Innovación

NIF/CIF

Subtotal (€)

Traxectoria Innovadora: Catalina Fernández de Ana Portela

***7981**

15.000,00 €

Pequena e Mediana Empresa: Alen Space, S.L.

***8671**

15.000,00 €

Categorías Deseño

NIF/CIF

Subtotal (€)

Profesionais: Isaac Piñeiro Meira

***8678**

15.000,00 €

Talento Emerxente: Sara Regal Alonso

***8407**

15.000,00 €

Total: 06.A2.561A.480.0

60.000,00 €

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación