Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3207

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se ditan instrucións para a determinación da oferta de prazas nas titulacións oficiais de grao e máster nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia e se determina o calendario para a tramitación de solicitudes de verificación e modificación de titulacións oficiais no Sistema universitario de Galicia.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 223, do 23 de novembro de 2022, é necesario realizar a oportuna corrección na instrución cuarta, alínea d):

Onde di: «d) Os graos e máster universitarios que nos tres cursos anteriores non acadaron unha media igual ou superior ao mínimo de alumado de novo ingreso establecido no artigo 6 do Decreto 222/2011, agás:

– Os graos e máster declarados singulares, en tanto teña vixencia a dita declaración».

Debe dicir: «d) Os máster universitarios que nos tres cursos anteriores non acadaron unha media igual ou superior ao mínimo de alumado de novo ingreso establecido no artigo 6 do Decreto 222/2011, agás:

– Os máster declarados singulares, en tanto teña vixencia a dita declaración».