Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3355

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade da relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) financiadas ao 100 % polo Fondo EURI.

Na Orde do 21 de xaneiro de 2022 (DOG do 31.1.2022), a Consellería do Medio Rural regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

O artigo 27 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De conformidade co establecido no dito artigo, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co Decreto 7/2014, 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (en diante, Fogga), atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública na web do Fogga a relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2), ao abeiro da Orde do 21 de xaneiro de 2022.

As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campana-2022

Estas axudas están financiadas ao 100 % polo Fondo EURI.

Segundo. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da citada lei.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria