Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3803

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convocan os Premios de arquitectura e rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023 (código de procedemento VI490A).

Advertido un erro na Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convocan os Premios de arquitectura e rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023 (código de procedemento VI490A), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 5, do 9 de xaneiro, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 2518, no punto 4 da base reguladora primeira, na alínea b, onde di: «b) Á traxectoria profesional 2023, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a»; debe dicir: «b) Á traxectoria profesional 2023, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.

Dotación económica: 6.000 € para cada unha das categorías».

A publicación desta corrección non modifica o prazo de presentación de candidaturas previsto na base reguladora terceira.