Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3630

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 28 de xullo de 2022 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectadas polos incendios forestais, no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100B).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas en virtude da Orde do 28 de xullo de 2022 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectadas polos incendios forestais, no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100B).

A finalidade desta orde é o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos derivados das actuacións que se leven a cabo para a reposición ou reparación das infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera, como consecuencia dos incendios que se produciron durante o mes de xullo do ano 2022 en Galicia (código de procedemento MT100B).

As axudas outorgáronse de forma directa por mor do interese público, social e humanitario derivado das circunstancias excepcionais que concorreron neste caso.

Esta subvención finánciase integramente con fondos propios da Xunta de Galicia, con cargo ao crédito previsto na aplicación orzamentaria 08.03.541B 781.0 para os montes veciñais en man común, por importe de 200.000 euros, e na aplicación 08.03.541B.760.0 para os concellos, por importe de 350.000 euros, ambas dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

As contías e persoas beneficiarias por cada unha das liñas relaciónanse nos anexos I e II desta resolución.

As axudas aos beneficiarios foron aprobadas mediante resolución da directora xeral de Patrimonio Natural.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO I

Relación de concellos beneficiarios ao abeiro da liña orzamentaria 08.03.541B.760.0

Expediente

NIF

Concello beneficiario

Actuación

Importe elixible

Decisión

MT100B/27/2022/000001/C

P2701700C

Folgoso do Courel

1. Pasarela de madeira sobre o río Lor, na ruta do Castro de Vilar

2. Sinalización, miradoiros, varandas de madeira e pasarelas en diferentes puntos de sendas e rutas do Concello de Folgoso do Courel.

39.915,52 €

Resolución do 7.11.2022 da DXPN

MT100B/27/2022/00002/C

P2704700J

A Pobra de Brollón

1. Reposición e reparación de danos causados por incendios en diversas infraestruturas de uso público no concello da Pobra de Brollón (Lugo).

8.675,63 €

Resolución do 7.11.2022 da DXPN

MT100B/27/2022/00003/C

P2705000D

Quiroga

1. Reparación de sendas e rutas, sinalización e reposición de carteis informativos e elementos ou mesas de interpretación.

18.918,14 €

Resolución do 7.11.2022 da DXPN

Resolución do 12.12.2022 da DXPN

MT100B/32/2022/00005/C

P3209300G

Vilariño de Conso

1. Actuacións de reposición e reparación de elementos estruturais de sendas e rutas sinalizadas no concello de Vilariño de Conso.

11.961,55 €

Resolución do 7.11.2022 da DXPN

79.470,84 €

ANEXO II

Relación de CMVMC beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 08.03.541B.781.1

Expediente

NIF

Comunidade de monte veciñal en man común beneficiaria

Actuación

Importe elixible

Decisión

MT100B/27/2022/000006/M

V27283092

CMVMC_Vilar

1. Actuacións de reposición ou reparación de elementos danados polo incendio do mes de xullo de 2022 no MVMC de Vilar (Vilamor, Folgoso do Courel, Lugo)

20.000,00 €

Resolución do 7.11.2022 da DXPN

MT100B/27/2022/000007/M

V27292135

CMVMC_Salcedo e Bairán

1. Solicitude das axudas para a reparación dos danos causados polos incendios no MVMC de Salcedo e Bairán.

Danos na ruta PR-G 236 Ruta da castaña e da mel e miradoiros.

20.000,00 €

Resolución do 7.11.2022 da DXPN

40.000,00 €