Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3908

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 237, do 16 de decembro de 2022, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre, correspondente á oferta de emprego público do Concello de Boiro do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 16 de decembro de 2022

José Ramón Romero García
Alcalde