Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO das bases xerais e específicas e das convocatorias que rexerán os procesos selectivos de estabilización, polo sistema excepcional de concurso e concurso-oposición, en execución da oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 238, do 19 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexerán as convocatorias para prover:

– Unha praza de traballador/a social, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A2, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Unha praza de oficial/a de fontanaría, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Unha praza de adxunto/a a secretaría, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de arquitecto/a, de persoal laboral fixo a tempo parcial (69,30 % da xornada laboral), asimilada ao grupo A, Subgrupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Seis prazas de técnico/a de cultura, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de deportes, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de animador/a deportivo/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de informático/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de orientador/a laboral, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de ambiente, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de recursos humanos, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Dúas prazas de traballador/a social, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A, subgrupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a de catastro, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a de fe pública, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a de intervención, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a de recadación, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a de recursos humanos, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a de servizos sociais, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a de turismo, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Dúas prazas de administrativo/a de urbanismo, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de axente TIC-informático/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Una praza de técnico/a arqueólogo/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de cultura, de persoal laboral fixo a tempo parcial (50 % da xornada laboral), asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de recadación-informática, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de xardíns, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de auxiliar administrativo/a de subvencións da oficina municipal de información ao consumidor, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de condutor/a de recollida do lixo, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Seis prazas de conserxe, de persoal laboral fixo, asimiladas ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, catro en quenda libre e dous en quenda de reserva a outros tipos de discapacidade.

– Unha praza de coordinador/a de protección civil, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de ferreiro/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de notificador/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Dúas prazas de oficial/a albanel, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Tres prazas de oficial/a condutor de motobomba, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, dous en quenda libre e unha en quenda de reserva a outros tipos de discapacidade.

– Dúas prazas de oficial/a electricista, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de oficial/a fontaneiro/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Dúas prazas de oficial/a de servicios varios, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de porteiro/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Tres prazas de xefe de grupo de protección civil e emerxencias, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C, subgrupo C2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Dúas prazas de asistente a domicilio, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Tres prazas de asistente a domicilio, de persoal laboral fixo a tempo parcial (50 % da xornada laboral), asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de axudante de fontaneiro/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Nove prazas de limpador/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, oito en quenda libre e unha en quenda de reserva a outros tipos de discapacidade.

– Unha praza de limpador/a, de persoal laboral fixo a tempo parcial (26,67 % da xornada laboral) asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de limpador/a, de persoal laboral fixo a tempo parcial (80 % da xornada laboral) asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda de reserva a outros tipos de discapacidade.

– Unha praza de pañoleiro/a, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de peón/oa de aparcadoiro, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de peón/oa de aparcadoiro, de persoal laboral fixo a tempo parcial (60 % da xornada laboral) asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Nove prazas de peón/oa especialista de protección civil e emerxencias, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, oito en quenda libre e unha en quenda de reserva a outros tipos de discapacidade.

– Tres prazas de peón/oa especialista, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Cinco prazas de peón/oa especialista de recollida do lixo, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de peón/oa de recollida do lixo, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Quince prazas de peón/oa de servizos varios, de persoal laboral fixo, asimilada ao grupo E, para cubrir polo sistema de concurso, catorce en queda libre e unha en quenda de reserva a persoas con discapacidade intelectual.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 19 de decembro de 2022

José Ramón Romero García
Alcalde