Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 3934

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2012, pola que se establece a organización e se atribúen determinadas funcións no ámbito de competencias das áreas de Xestión e de Colaboración Social, Información e Asistencia da Axencia Tributaria de Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 67260:

No artigo único, no segundo paragrafo, onde di: «....das áreas de Xestión e de Colaboración Social, Información e Asistencia da Axencia Tributaria de Galicia, fa forma que se indica a continuación:»; debe dicir: «....das áreas de Xestión e de Colaboración Social, Información e Asistencia da Axencia Tributaria de Galicia, da forma que se indica a continuación:».

– Na páxina 67261:

Na alínea f), onde di: «A xestión dos programas a través dos cale se canalicen as consultas dos órganos e unidades administrativas da Axencia...», debe dicir: «A xestión dos programas a través dos cales se canalicen as consultas dos órganos e unidades administrativas da Axencia...».