Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4363

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2023 pola que se procede ao nomeamento, como persoal funcionario de carreira da escala técnica de publicacións do corpo superior, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polo Acordo do 15 de xuño de 2021.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 19 de decembro de 2022 (BOPG núm. 425, do 22 de decembro), acordou a finalización e aprobación do proceso selectivo para ingresar por quenda libre na escala técnica de publicacións do corpo superior do Parlamento de Galicia.

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira da escala técnica de publicacións do corpo superior do Parlamento de Galicia, grupo A, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida no proceso selectivo e con expresión dos postos de traballo que se lles adxudican.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución, segundo dispón o artigo 8.d) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

Cuarto. Notificarlles esta resolución ás persoas interesadas, ao servizo de Persoal e Réxime Interior e a Intervención e Asuntos Económicos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO

Convocatoria

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 15 de xuño de 2021

Grupo

A

Quenda

Libre

Escala técnica de publicacións do corpo superior do Parlamento de Galicia

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación

Unidade de destino

Grupo

Nivel

1

***8445**

Pernas Rubal, Cristian

AP44

Técnico/a de publicacións

Servizo de Publicacións

A

25

2

***6111**

López González, María del Mar

AP110

Técnico/a de publicacións

Servizo de Publicacións

A

25