Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4716

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 3 de xaneiro de 2023 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP Plurilingüe Eugenio López, do concello de Cee.

De conformidade co previsto no artigo 8.1 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Cambio de denominación

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Cee.

Código: 15003248.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Eugenio López.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Vila de Cee.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-admi-nistrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades