Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6699

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

Advertido un erro no Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, publicado no Diario Oficial de Galicia número 9, do 13 de xaneiro de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 3963, no artigo 26.1:

Onde di:

«1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería do Medio Rural organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial das delegacións territoriais en que se integren, agás a Xefatura Territorial de Pontevedra, que desenvolverá as súas funcións no ámbito territorial de toda a provincia, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril».

Debe dicir:

«1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería do Medio Rural organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial das delegacións territoriais en que se integren, agás as xefaturas territoriais da Coruña e de Pontevedra, que desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial das súas respectivas provincias, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril».