Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6700

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as axudas con cargo á Resolución do 6 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, no ano 2022 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro).

Mediante Resolución do 6 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para o ano 2022 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro).

Segundo o artigo 15.2 das bases reguladoras, e de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas que se indican no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración e prelación previstos no artigo 14 e segundo o establecido nos artigos 5 e 13 das bases reguladoras, por un importe total de 755.617 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 2022.11.02.313B.481.2, código de proxecto e denominación 2018 00004 «Axudas 0,7 % IRPF», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022.

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non superaren o limiar de puntuación establecido no artigo 13.4 ou non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 17 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días (10) a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada. Utilizarase para tal efecto o anexo V.

Cuarto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, agás aquelas da mesma natureza que outorgue a Administración xeral do Estado en virtude das súas competencias e sen prexuízo daqueles gastos que poidan ser imputables ás subvencións que se concedan nos respectivos ámbitos.

Non obstante, estas axudas son incompatibles para o mesmo programa, actuación ou actividade coas subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade convocadas anualmente pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Quinto. De conformidade co artigo 22 das bases reguladoras, o pagamento realizarase dunha soa vez en concepto de anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión.

Sexto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 23 das bases reguladoras, é o 15 de marzo de 2024.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través de conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto ou a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, e coa documentación xustificativa prevista nas bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 23, ademais do anexo VI.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o ano 2023.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 21 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

h) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas ou investimentos subvencionados o seu financiamento por parte da Xunta de Galicia, de xeito que se cumpra a obriga de dar publicidade aos programas/investimentos subvencionados con cargo a esta convocatoria, nos termos establecidos no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

i) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme o previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

j) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

k) Calquera outra obriga imposta ás beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta resolución.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2023

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Número do expediente

Nome da entidade

NIF

Denominación do programa

Importe solicitado

Total puntos

Importe

subvención

SI452A-2022-00000017-00

Cruz Vermella Española

Q2866001G

Empoderamento a mulleres en situacións de dificultade social

97.674,16

96

34.526,19

SI452A-2022-00000029-00

Cáritas Federadas Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela en Galicia

R1500444C

Programa educación para á saúde e apoio á muller-Avelaíña

75.000,00

95

34.166,54

SI452A-2022-00000058-00

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

G15068091

Kaiseki, Motor de cambio para a transformación social da muller xorda no rural

75.000,00

94

33.806,90

SI452A-2022-00000050-00

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

G32115941

Activa-das. Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade.

75.000,00

90,5

32.548,13

SI452A-2022-00000016-00

Fundación Acción Contra el Hambre

G81164105

Vives Emplea Saludable 2023: competencias para o emprego para mulleres en risco de exclusión.

19.620,98

89

19.620,98

SI452A-2022-00000019-00

Fundación Anar

G80453731

Teléfono/chat ANAR contra a violencia de xénero

31.986,72

88,75

31.918,75

SI452A-2022-00000055-00

Ecos do Sur

G15354483

Programa Olimpia V

74.974,38

88,25

31.738,92

SI452A-2022-00000015-00

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada

G27320225

Programa Concilia de respiro para mulleres coidadoras informais do medio rural

75.000,00

87,75

31.559,10

SI452A-2022-00000013-00

Asociación Mujeres en Igualdad Provincia de Lugo (Bumei)

G27441153

Enténdote, colle a miña man V!

75.000,00

87,25

31.379,27

SI452A-2022-00000020-00

ACCEM

G79963237

Atención integral a mulleres vítimas de trata sexual e/ou persoas prostituídas.

64.091,43

86,25

31.019,63

SI452A-2022-00000033-00

Médicos del Mundo

G79408852

Tratamento da saúde integral das mulleres en situación de prostitución con especial atención ás consecuencias na súa saúde mental

74.742,00

86

30.929,71

SI452A-2022-00000022-00

Cáritas Diocesana de Lugo

R2701016D

Programa dirixido a promover a saúde integral das mulleres

75.000,00

85,75

30.839,80

SI452A-2022-00000064-00

Federación Aspace Galicia

G36344950

Coñezo os meus dereitos. Exerzo os meus dereitos

69.461,86

84

20.140,28

SI452A-2022-00000004-00

Agrupación de Entidades Rurais Terra e Xente-CDR O Viso

G32122376

Elas-Apoderamento, liberdade, autoestima, solidariedade

75.000,00

80,5

19.301,10

SI452A-2022-00000031-00

Asociación Española Contra el Cáncer

G28197564

Atención integral á muller con cancro

75.000,00

80,5

19.301,10

SI452A-2022-00000032-00

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Achégate á rede

17.060,00

79,75

17.060,00

SI452A-2022-00000054-00

Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP)

G36624120

Programas de conciliación dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade

42.985,57

79,25

19.001,39

SI452A-2022-00000046-00

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense

G32198970

Prestación de servizos de atención á dependencia coma solución ao autoemprego para as mulleres do medio rural ourensán

35.963,00

76,25

18.282,10

SI452A-2022-00000027-00

Fundación Amigó

G81454969

Prevención e atención da violencia contra a muller no ámbito familiar-Proxecto Convivindo

75.000,00

76

18.222,16

SI452A-2022-00000014-00

Red Araña. Red Española de Entidades por el Empleo

G58579806

Muller TIC

53.867,86

75,5

18.102,27

SI452A-2022-00000057-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

A voz de igualdade

25.097,03

74,75

13.441,84

SI452A-2022-00000009-00

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Programa Calí, pola igualdade das mulleres xitanas

74.496,98

74

13.306,97

SI452A-2022-00000048-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Actuacións para a prevención de VIH e outras ITS en mulleres que exercen a prostitución

27.097,00

74

13.306,97

SI452A-2022-00000035-00

Radio ECCA. Fundación Canaria

G35103431

Muller avanza

70.868,00

73,5

13.217,06

SI452A-2022-00000006-00

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

Velando pola miña saúde integral IV

20.000,00

72,75

13.082,19

SI452A-2022-00000028-00

Fundación Mujeres

G80974702

ACE (Actívate creando empresas)

75.000,00

72

12.947,32

SI452A-2022-00000025-00

ONG Mestura para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

Programa Saimi IV edición

21.972,04

70,5

12.677,59

SI452A-2022-00000010-00

Fundación Ronsel

G15752660

Xerentes: apoderamento da muller a través da promoción do autoemprego

66.220,75

70

12.587,67

SI452A-2022-00000037-00

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

G70101647

REDMUR

67.327,82

69,5

12.497,76

SI452A-2022-00000047-00

Fundación Juan Soñador

G24452435

Itinerarios de apoderamento para mulleres migrantes en situación de especial vulnerabilidade

75.000,00

68,25

12.272,98

SI452A-2022-00000021-00

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

Recurso residencial e asistencial para mulleres mozas procedentes do sistema de protección

64.652,46

68

12.228,03

SI452A-2022-00000043-00

Asociación Diagnosticados de Cancro de Mama (Adicam)

G36380301

Por vós vale a pena! 2.0 programa de saúde integral para mulleres en situación de especial vulnerabilidade e/ou con cancro de mama/xinecolóxico

20.059,00

68

12.228,03

SI452A-2022-00000002-00

Asociación Alar Galicia-Proxectos de Inserción

G15775901

Programa ATENEA, de apio e tratamento integral dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero especialmente vulnerables.

75.000,00

67,75

12.183,07

SI452A-2022-00000040-00

Asociación Érguete de Axuda ao Toxicómano

G36642726

Servicio E-Muller

52.500,00

67

12.048,20

SI452A-2022-00000036-00

Asociación de Familiares y Enfermos Mentales Morea

G32187049

Muller: EMG, apoderamento e igualdade

23.211,40

66,5

11.958,29

SI452A-2022-00000024-00

Down Vigo. Asociación Para el Síndrome de Down

G36697324

Formación universitaria para mulleres coa síndrome de Down e diversidade intelectual para a mellora da súa capacitación e empregabilidade

30.000,00

65,5

11.778,47

SI452A-2022-00000045-00

Valoresc Innovation

G70377585

Vivenda activa e preventiva, casas fogar-casas violeta, dentro do programa integral A tribo de Malala, un espazo de axuda e crecemento

17.447,80

64,75

7.762,40

SI452A-2022-00000053-00

Fundación María José Jove

G15870140

Venus

38.672,50

64,5

7.732,43

SI452A-2022-00000003-00

Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector

G15784978

Programa de prevención para o desenvolvemento integral da sexualidade da muller

40.080,32

62,5

7.492,66

SI452A-2022-00000068-00

Asamblea de Cooperación por la Paz

G80176845

Elas deciden: a arte e a creatividade como ferramentas de apoderamento.

32.939,31

61,75

7.402,75

ANEXO II

Solicitudes denegadas e desistidas

Número do expediente

Nome da entidade

NIF

Causa exclusión, inadmisión, denegación

SI452A-2022-00000001-00

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000005-00

Xeracción, S. Coop. Galega

F32479040

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000007-00

Asociación Alume Saúde Mental

G27198977

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000008-00

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000011-00

Down Pontevedra. Xuntos Asociación Síndrome de Down

G36164887

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000012-00

Asociación Albores Saúde Mental

G27252279

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000018-00

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000023-00

Viraventos

G70136429

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000026-00

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000030-00

Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000034-00

Aspnais

G27018365

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000038-00

Asociación Labregas

G15945686

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000039-00

Participa para la Inclusión Social

G15870173

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a)

SI452A-2022-00000041-00

Asociación Puntodelas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000042-00

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000044-00

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000049-00

Unión de Asociaciones de Mujeres Autónomas y Emprendedoras-UATAE Mujer

G86223153

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000051-00

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000052-00

Asociación Limisi

G32302671

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000056-00

Asociación Gallega Contra las Enfermedades Neuromusculares-Asem Galicia

G36925691

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a)

SI452A-2022-00000059-00

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000060-00

Farmacéuticos Mundi

G46973715

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000061-00

Asociación Centro Cultural, Artístico e Recreativo Valladares

G36617082

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000062-00

Asociación de Executivas de Galicia

G70301916

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000063-00

Asociación de Mujeres Empresarias de la Provincia de Lugo

G27105220

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000065-00

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

G36837433

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000066-00

Fundación Igual Arte

G36427524

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a)

SI452A-2022-00000067-00

Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000069-00

Asociación O Son do Pobo

G94017704

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000070-00

Asociación Tempus, de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer

G15681000

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000071-00

Asociación de Caridad Santiago Apóstol

G36204931

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)

SI452A-2022-00000072-00

ONGD Senvalos

G70610282

Non superar limiar puntuación (art. 13.4)