Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 7036

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín

ANUNCIO de convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal para cubrir varias prazas.

Mediante a Resolución da Presidencia, do 22 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as prazas incluídas na convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín (Ourense).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 296, do 28 de decembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases de selección do proceso selectivo para a provisión das seguintes prazas da oferta de emprego público, mediante o sistema de concurso-oposición:

– 1 psicólogo/a de atención temperá, persoal laboral fixo.

– 1 pedagogo/a de atención temperá, persoal laboral fixo.

– 1 terapeuta da linguaxe de atención temperá, persoal laboral fixo.

– 1 psicólogo/a de atención primaria, persoal laboral fixo.

– 4 traballadores/as sociais, persoal laboral fixo.

– 3 auxiliares administrativos/as, persoal laboral fixo.

– 2 condutores/as de tractor con rozadora, persoal laboral fixo.

– 1 limpador/a, persoal laboral fixo.

– 1 educador/a social, persoal laboral fixo.

– 1 psicólogo/a director/a do CIM, persoal laboral fixo.

– 1 orientador/a laboral, persoal laboral fixo.

– 1 axente de emprego e desenvolvemento local, persoal laboral fixo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín (https://mancoverin.sedelectronica.gal/info.0), nos termos establecidos nas bases.

Verín, 28 de decembro de 2022

José Luis Suárez Martínez
Presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín