Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 7034

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos do Carballiño

ANUNCIO polo que se aproban as bases que regulan a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Presidencia desta mancomunidade do 21 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que regulan a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal da Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 293, do 26 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

40 prazas (37 a xornada completa e 3 a xornada parcial) do grupo V, categoría de auxiliar de axuda no fogar, 19 polo sistema de concurso e 21 polo sistema de concurso-oposición.

1 praza do grupo IV, categoría de auxiliar administrativo/a polo sistema de concurso.

3 prazas do grupo I, categoría de psicólogos/as, 2 polo sistema de concurso e 1 polo sistema de concurso-oposición.

3 prazas do grupo II, categoría de educadores/as sociais, 1 polo sistema de concurso e 2 polo sistema de concurso-oposición.

1 praza do grupo II, categoría de logopedista, polo sistema de concurso-oposición.

3 prazas do grupo II, categoría de traballadores/as sociais, 2 prazas polo sistema de concurso e 1 polo sistema de concurso-oposición.

3 prazas de chofer, grupo IV, polo sistema de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no taboleiro de anuncios da Mancomunidade de Concellos do Carballiño e na súa sede electrónica: (http://mancomunidademunicipioscarballino.sedelectronica.gal).

O Carballiño, 26 de decembro de 2022

Manuel Cerdeira Lorenzo
Presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño