No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 295, do 27 de decembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases xerais e específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía do 19 de decembro de 2022, que rexerán o proceso de estabilización do emprego temporal segundo a oferta de emprego extraordinaria 2022, para cubrir sete prazas de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso e polo sistema de concurso-oposición.
– Persoal laboral fixo: sete prazas de auxiliar de axuda no fogar.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos de acordo co previsto nas bases reguladoras.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial del Estado.
Taboadela, 27 de decembro de 2022
Álvaro Vila Araújo
Alcalde