No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 291, do 22 de decembro de 2022, e corrección de erro publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 295, do 27 de decembro de 2022, convócanse procesos selectivos e publícanse integramente as bases para estabilización do emprego temporal de longa duración do Concello da Rúa, ao abeiro da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante sistema de concurso de méritos, para a provisión das prazas correspondentes á oferta de emprego público excepcional aprobada polo Decreto da Alcaldía do 20 de maio de 2022 (BOP de Ourense número 118, do 25 de maio, e Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio), e Decreto da Alcaldía, do 15 de decembro de 2022, de corrección da oferta de emprego público (BOP de Ourense número 289, do 20 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro), e que a seguir se relacionan:
Denominación da praza |
Nº vacantes |
Quenda de acceso |
Traballador/a social |
2 |
Concurso. Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro |
Auxiliar servizo axuda no fogar |
3 |
Concurso. Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro |
Arquitecto técnico |
1 |
Concurso. Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro |
Monitor/a deportivo |
5 |
Concurso. Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro |
Ludotecario/a |
1 |
Concurso. Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro |
Peón limpeza |
2 |
Concurso. Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro |
Axente emprego e desenvolvemento local |
1 |
Concurso. Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro |
Despacho de billetes cine municipal/vendedor/a de billetes |
1 |
Concurso. Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro |
O prazo de presentación de instancias é de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
A Rúa, 27 de decembro de 2022
Álvaro José Fernández López
Alcalde