No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 244, do 27 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as prazas de persoal laboral fixo que se describen a continuación, a través do proceso selectivo de concurso de méritos, e en desenvolvemento da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, aprobada polo Decreto do 9 de maio de 2022, publicada no DOG número 103, do 31 de maio, e no BOP número 90, do 12 de maio:
Natureza |
Código RPT |
Grupo |
Número de prazas |
Denominación |
Laboral |
SC |
I |
1 |
Médico/a xefe/a do servizo da UAD |
Laboral |
SC |
I |
1 |
Médico/a da UAD |
Laboral |
SC |
I |
1 |
Psicólogo/a da UAD |
Laboral |
01.07.00.01 |
I |
1 |
Normalizador/a lingüístico/a |
Laboral |
06.02.04.01 |
I |
1 |
Pedagogo/a |
Laboral |
SC |
II |
1 |
Traballador/a social da UAD |
Laboral |
12.01.00.01 |
II |
1 |
Director/a de conservatorio |
Laboral |
12.01.00.02 |
II |
1 |
Secretario/a de conservatorio |
Laboral |
12.01.00.03 |
II |
1 |
Xefe de estudos de conservatorio |
Laboral |
08.01.00.01 |
II |
1 |
Coordinador/a do Centro de Interpretación San Roque |
Laboral |
10.03.00.01 |
II |
1 |
Dinamizador/a de museo |
Laboral |
SC |
II |
1 |
Técnico/a de orientación laboral |
Laboral |
01.10.00.02 |
III |
1 |
Técnico/a informático/a |
Laboral |
06.01.00.03 06.01.00.04 |
V |
2 |
Auxiliar de axuda no fogar |
Laboral |
04.02.01.01 |
V |
1 |
Capataz de obras e vías públicas |
Laboral |
04.02.01.01 04.02.01.05 04.02.01.06 |
V |
3 |
Operarios/as de vías públicas |
Laboral |
11.02.02.05 11.02.02.08 SC |
V |
3 |
Conserxes de deportes |
Laboral |
10.04.00.03 |
V |
1 |
Conserxe de cultura |
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Ribeira, 27 de decembro de 2022
O alcalde
P.D. (Decreto de substitución do 23.12.2022)
María José Sampedro Fernández
Alcaldesa en funcións