No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 244, do 27 de decembro de 2022, publicáronse as bases reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Neda ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público, para unha (1) praza de persoal funcionario arquitecto/a, unha (1) praza de persoal laboral educador/a familiar e tres (3) prazas de persoal laboral auxiliar administrativo/a.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días naturais a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Neda, 27 de decembro de 2022
Ángel Alvariño Saavedra
Alcalde