No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 232, do 9 de decembro de 2022, publicáronse integramente as convocatorias e as bases que rexerán os procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira de 3 prazas de administrativo/a (1 praza restrinxida ao colectivo de diversidade funcional), 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial e, como persoal laboral, 2 prazas de técnico/a medio de orientación, 1 praza de mediador/a intercultural, 1 praza de auxiliar administrativo/a restrinxida ao colectivo de diversidade funcional, 2 prazas de capataz/a, 12 prazas de limpador/a, 9 prazas de operario/a e 1 praza de subalterno/a de centros de ensino e edificios municipais.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 238, do 19 de decembro de 2022, publicáronse integramente as convocatorias e as bases que rexerán os procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso-oposición, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira dunha praza de arquitecto/a técnico/a e, como persoal laboral, dunha praza de operario/a.
As instancias para solicitar tomar parte nos procesos selectivos presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no prazo de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.
Arteixo, 20 de decembro de 2022
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente