Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 12 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal do Concello de Baltar, de conformidade coa Lei 20/2021, e que son as que se citan a seguir:
Persoal funcionario:
Denominación: auxiliar administrativo.
Grupo: subescala C2.
Vacantes: 2.
Xornada: media xornada.
Sistema de acceso: concurso.
Denominación: operario de servizos.
Grupo/subescala: OAP.
Vacantes: 1.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso.
Persoal laboral:
Denominación: auxiliar administrativo.
Grupo: 4.
Clasificación/categoría laboral: auxiliar administrativo.
Vacantes: 1.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso.
Denominación: encargado de museo.
Grupo: 8.
Clasificación/categoría laboral: oficiais de primeira e segunda.
Vacantes: 1.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso.
Denominación: arquitecto.
Grupo: 1.
Clasificación/categoría laboral: enxeñeiros e licenciados.
Vacantes: 1.
Xornada: 4 horas semanais.
Sistema de acceso: concurso.
Denominación: limpadora de edificios públicos.
Grupo: 10.
Clasificación/categoría laboral: peóns.
Vacantes: 1.
Xornada: a tempo parcial (75 %).
Sistema de acceso: concurso.
Denominación: auxiliar a domicilio.
Grupo: 4.
Clasificación/categoría laboral: axudante non titulado.
Vacantes: 1.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso.
Denominación: auxiliar a domicilio.
Grupo: 4.
Clasificación/categoría laboral: axudante non titulado.
Vacantes: 9.
Xornada: media xornada.
Sistema de acceso: concurso.
Denominación: traballadora social.
Grupo: 2.
Clasificación/categoría laboral: enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados.
Vacantes: 1.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso-oposición.
No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello https://baltar.sedelectronica.gal/ aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello https://baltar.sedelectronica.gal/ e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.
Contra estas bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Alcaldía do Concello de Baltar, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.
Baltar, 22 de decembro de 2022
José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde