Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8, segundo se sinala no cadro anexo.
Así mesmo infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).
O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lmat-savinao11
Lugo, 27 de decembro de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/253-2.
Denominación: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre apoios BKEA85DF//D110-35 E BK8LVCQC//D110-35-8.
Concello: O Saviñao.
Declaración de utilidade pública:
Ref. catastral |
Apoio |
||||||
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Nº |
m² |
2 |
93 |
141 |
Cubela |
Matogueira, prado |
Descoñecido |
BKBHWCO2//D110-35-4 |
2.0 |