Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmaselles á persoa afectada pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación CT Veiga 36CR20, no concello de Lalín, que figura no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 27 de decembro de 2022
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/90-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación CT Veiga 36CR20.
Concello: Lalín.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data de ocupación |
Deposito previo |
1 |
36024A144000570000BU |
Descoñecido |
16 de xaneiro de 2023 |
2022/54/359 |