De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido á persoa interesada que se sinala no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, infórmase a persoa interesada que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 28 de decembro de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN635C 2022/34-1.
NIF: H70007729.
Acto de notificación: resolución do expediente sancionador.
Concello: Noia.