Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7238

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións a entidades locais de Galicia, e/ou aos seus entes instrumentais, co obxecto de promover e fomentar unha mellor atención das necesidades básicas das persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS631F).

BDNS (Identif.): 670254.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais de Galicia, e/ou os seus entes instrumentais, que entre o 24 de febreiro de 2022 e o 31 de decembro de 2022, ambos inclusive, realizasen actuacións dirixidas a asegurar a satisfacción das necesidades básicas das persoas beneficiarias de protección temporal afectadas polo conflito de Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, e que as ditas actuacións supuxesen, para a entidade local beneficiaria, un incremento nos seus gastos correntes e/ou de persoal.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia, e/ou aos seus entes instrumentais, para promover e fomentar unha mellor atención das necesidades básicas das persoas beneficiarias de protección temporal afectadas polo conflito de Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións a entidades locais de Galicia, e/ou aos seus entes instrumentais, co obxecto de promover e fomentar unha mellor atención das necesidades básicas das persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS631F).

Cuarto. Importe

A concesión das subvencións obxecto desta convocatoria farase con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.312C.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 por un importe de 755.842,34 euros procedentes de financiamento estatal a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude