Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO das bases xerais e específicas que rexerán o proceso extraordinario de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 239, do 20 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán o proceso extraordinario de estabilización do emprego temporal no Concello de Outes.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o anuncio das bases específicas da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso publicaranse nos lugares previstos na base cuarta das citadas bases.

Outes, 27 de decembro de 2022

Manuel González López
Alcalde