Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de convocatoria do concurso para a provisión de postos de traballo dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego ao abeiro da Lei 20/2021.

Na Resolución da Alcaldía 2022-1216, do 17 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección do seguinte persoal, mediante concurso: unha praza de conserxe persoal funcionario; tres prazas de limpadores/as de edificios municipais persoal laboral; unha praza de operario/a de servizos varios persoal laboral; tres prazas de auxiliar de axuda no fogar persoal laboral; unha praza de persoal laboral informático; unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local persoal laboral; unha praza de auxiliar de biblioteca persoal laboral, e cinco prazas de peóns de limpeza viaria e roza forestal persoal laboral, acollidas ao proceso de estabilización do emprego temporal do Concello do Rosal.

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Publicáronse as bases no taboleiro de anuncios do Concello do Rosal e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 246, do 27 de decembro de 2022.

O Rosal, 27 de decembro de 2022

Sara Vicente Salcidos
Alcaldesa accidental