De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e polo xefe da Sección de Inspección e Sancións da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de Lugo, Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia destas notificacións queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 3 de xaneiro de 2023
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE |
Actos obxecto de notificación |
LU-2/2022 |
33549256F |
Resolución expediente de desafiuzamento administrativo |
LU-38/2022 |
33808886J |
Rectificación de proposta de resolución |