En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Rexistro de Cooperativas de Galicia, a entidade Artigo 14, S. Coop. Galega, en asemblea xeral do Consello Reitor que tivo lugar o 1 de decembro de 2023, acordou por unanimidade das persoas socias o cambio de domicilio social fóra do termo municipal en que antes estaba, coa consecuente modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado da seguinte forma:
«O domicilio social da cooperativa establécese na avenida de Oza, nº 38, 1º D, do municipio da Coruña (CP 15006).
O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do órgano de administración. Con carácter previo á súa inscrición no Rexistro de Cooperativas, o dito acordo comunicarase formalmente ás persoas socias.
Para trasladar o domicilio social fóra do termo municipal en que antes estaba será necesario o acordo da asemblea xeral.
O cambio de domicilio social publicarase nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa».
A Coruña, 3 de xaneiro de 2023
A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 62.3 Decreto 123/2022, do 23 de xuño)
Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica