No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 246, do día 29.12.2022, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas, na execución da oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal, ao abeiro da disposición adicional sexta da Lei 20/2021:
– 1 praza de auxiliar administrativo/a de Secretaría, pertencente á escala da administración xeral, subescala auxiliar, grupo C2, mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de técnico/a de xestión en intervención, persoal laboral fixo, grupo II (A2), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de coordinador/a de cursos, persoal laboral fixo, grupo II (A2), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de axente de emprego e desenvolvemento local, persoal laboral fixo, grupo II (A2), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de traballador/a social, persoal laboral fixo, grupo II (A2), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de educador/a social, persoal laboral fixo, grupo II (A2), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de auxiliar administrativo/a de SS.SS., persoal laboral fixo, grupo IV (C2), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de mestre/a de escola infantil encargado/a, persoal laboral fixo, grupo II (A2), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 7 prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, grupo V (AP), xornada parcial, mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 4 prazas de limpador/a de edificios, persoal laboral fixo, grupo V (AP), xornada parcial, mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de albanel oficial de 1ª, persoal laboral fixo, grupo V (AP), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de electricista, persoal laboral fixo, grupo III (C1), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 2 prazas de peón/peoa de limpeza viaria, persoal laboral fixo, grupo V (AP), xornada parcial, mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de conserxe, persoal laboral fixo, grupo V (AP), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de biblioteca, persoal laboral fixo, grupo IV (C2), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
– 1 praza de animador/a deportivo/a, persoal laboral fixo, grupo III (C1), mediante o sistema de concurso, quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Corcubión, 29 de decembro de 2022
Manuel Insua Insua
Alcalde