No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 297, do 29 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais e específicas para prover, mediante concurso, as prazas correspondentes á oferta de emprego público excepcional publicada no BOP de Lugo número 122, do 30 de maio, que se relacionan:
Prazas de persoal laboral fixo.
Denominación |
Grupo |
Número de prazas |
Traballador/a social |
A2/II |
1 |
Axente de emprego e desenvolvemento local |
A2/II |
1 |
Encargado/a da oficina información xuvenil |
C1/VII |
1 |
Monitor/a de tempo libre |
C2/VIII |
1 |
Oficial/a 2º operario de servizos múltiples |
E/VIII |
1 |
Oficial/a 2º tractorista |
E/VIII |
1 |
O prazo de presentación de instancias é de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios desta entidade e na sede electrónica do concello: https://lancara.sedelectronica.gal
Láncara, 29 de decembro de 2022
Darío A. Piñeiro López
Alcalde