No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 245, do 28 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Ponteceso, incluídas na oferta de emprego público de 2022, aprobada pola Resolución da Alcaldía 386/2022, do 27 de maio.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Ponteceso, 28 de decembro de 2022
Xosé Lois García Carballido
Alcalde