Mediante a Resolución da Alcaldía do 15 de decembro de 2022 (nº 2022-1849) aprobouse a oferta de emprego público ordinaria do ano 2022 para o Concello de Tui, publicada no BOPPO número 241, do 20 de decembro de 2022, cuxas prazas ofertadas son as seguintes:
Praza |
Quenda |
Tipo de vínculo |
Nº de prazas |
Observacións |
Operario/a de obras |
Libre |
Funcionario/a de carreira |
1 |
|
Auxiliar administrativo (Administración xeral) |
Libre |
Funcionario/a de carreira |
2 |
Unha das prazas reservadas a persoas con discapacidade |
Operario/a de limpeza |
Libre |
Funcionario/a de carreira |
1 |
|
Policía local |
Libre |
Funcionario/a de carreira |
2 |
|
Administrativo/a (Administración xeral) |
Libre |
Funcionario/a de carreira |
2 |
|
Oficial/a de mantemento e conservación de edificios e espazos públicos |
Libre |
Persoal laboral |
1 |
|
Profesor/a de piano-jazz |
Libre |
Persoal laboral |
1 |
Persoal indefinido |
Total de prazas da oferta ordinaria de 2022 |
10 |
1 praza reserva discapacidade (7 % das 10 prazas convocadas) |
O que se publica para xeral coñecemento.
Tui, 10 de xaneiro de 2023
Enrique Cabaleiro González
Alcalde