Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7649

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo cuarta edición (código de procedemento MR709A).

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) foi creada pola disposición adicional sexta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, como o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e a coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego, para mellorar as condicións de vida e contribuír a frear o despoboamento deste territorio.

No exercicio das funcións que ten encomendadas, correspóndelle á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural promover as condicións para que os axentes socioeconómicos locais das zonas rurais formulen iniciativas de desenvolvemento. Neste marco, resulta de interese poñer en marcha as actuacións que animen a participación privada no proceso de desenvolvemento rural e que contribúan a conservar e dinamizar o contorno rural facendo del un medio máis atractivo.

Por estas razóns, considérase conveniente convocar os premios ao desenvolvemento rural de Galicia, coa finalidade de premiar aquelas actuacións que contribúan de forma singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.

A facultade para aprobar as bases dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e para convocalos está delegada na persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, segundo o acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 11 de xullo de 2013, sobre delegación de funcións do Consello de Dirección, publicada mediante a Resolución do 24 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto).

De acordo con o exposto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia que se achegan a esta resolución como anexo I, co código de procedemento administrativo MR709A.

2. Convocar para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, a décimo cuarta edición dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia. Os premios que se convocan correspóndense coas seguintes categorías:

a) Categoría mocidade, para as iniciativas levadas a cabo por persoas mozas, que constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e da súa poboación. Para estes efectos, terá a consideración de moza quen non teña máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a iniciativa ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.

b) Categoría paisaxe rural, para as iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas cales se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario.

c) Categoría proxectos de interese social, para as iniciativas orientadas á integración dos colectivos máis desfavorecidos, á inserción social ou ao coidado dos nosos maiores.

d) Categoría turismo, para as iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico potenciando a ampla riqueza dos recursos turísticos do medio rural de Galicia.

e) Categoría sector agrogandeiro, para as iniciativas desenvolvidas dentro dos sectores de gandaría, agricultura e/ou transformación agroalimentaria que aposten polo valor engadido na súa produción.

f) Categoría mulleres, para as iniciativas levadas a cabo por mulleres ou destinadas a elas no medio rural, desde unha óptica de igualdade e progreso, en que sexan fundamentais valores como o asociacionismo, a profesionalización e a innovación.

g) Categoría innovación tecnolóxica, para as iniciativas desenvoltas no rural galego que incorporen a innovación para obter un novo produto ou mellorar a calidade nos seus produtos ou servizos, para diminuír custos, para ofrecer unha maior gama de produtos ou servizos ou para ser máis rápidas na súa introdución no mercado.

h) Categoría recuperación e posta en valor da terra agraria, para as iniciativas que contribúan, directa ou indirectamente, a recuperar e poñer en valor terras que están infrautilizadas.

Cada un dos premios constará dun diploma e unha dotación en metálico de 10.000 €.

Cada iniciativa poderá presentarse só a unha categoría, para o cal debe marcar no modelo de solicitude (anexo II) o recadro correspondente á categoría a que opta. Se a iniciativa fose susceptible de ser incluída en varias categorías, ou tivese un carácter transversal, deberá elixir unha delas para a clasificación do expediente para a súa análise e avaliación. No caso de que a selección de categoría da solicitude non se considere correcta, no proceso realizarase unha redistribución de oficio á categoría que se considere máis adecuada.

No suposto de que unha categoría quede deserta, o importe do premio destinado a esa categoría repartirase proporcionalmente entre as demais categorías respectando, en todo caso, os límites establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, e no Regulamento (UE) nº 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro.

3. Aprobar os anexos que se achegan a esta resolución para a xestión da convocatoria.

Artigo 2. Financiamento

Para financiar esta convocatoria (código de proxecto 2017-00002) está previsto un crédito inicial de 80.000 € (40.000 € imputables á aplicación orzamentaria 14-A1-712A-770.0 e 40.000€ imputables á aplicación orzamentaria 14-A1-712A-781.0) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para o ano 2023. En caso de que sexa necesario, para axustarse ao carácter dos beneficiarios finais dos premios, procederase a mudar os montantes inicialmente imputados a estas aplicacións orzamentarias, de xeito que se poida dar cobertura con eles e sen variar o montante inicial de 80.000 €, a todos os premiados.

Esta convocatoria tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2023. Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Artigo 3. Prazo para presentar as solicitudes de axuda

O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Artigo 4. Prazo de resolución da convocatoria

O prazo de resolución é de catro meses contado desde que se finalice o prazo para presentar as solicitudes. En caso de silencio administrativo así se treste producirá efectos desestimatorios.

Artigo 5. Obrigación de relacionarse a través de medios electrónicos

Nos termos previstos no artigo 14.2 da LPACAP e no artigo 10.1 a) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira obrigatoriamente estar colexiado para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas que representen un interesado que estea obrigado a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración e as persoas físicas que teñan a condición de autónomos están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

Artigo 6. Normativa comunitaria aplicable

Esta convocatoria ampararase no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro) e no Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro).

Disposición adicional primeira. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; ou recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda.

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

c) No teléfono 981 54 58 58 (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).

d) De maneira presencial, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, 56, Laraño 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 58 58.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da convocatoria

A persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución aplicarase desde o día seguinte á súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia

Artigo 1. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia.

O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).

En todo o non previsto nestas bases aplicarase a LSG, así como o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada LSG.

O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia é o MR709A.

Artigo 2. Persoas destinatarias

Poderán presentar iniciativas aos premios ao desenvolvemento rural de Galicia as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan titulares das iniciativas que presenten.

Artigo 3. Iniciativas que poden ser premiadas

1. Os premios ao desenvolvemento rural de Galicia están dirixidos ás iniciativas que contribúan de maneira singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria e non en fase de deseño ou execución.

2. Exclúense destes premios as iniciativas:

a) Que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.

b) Que se desenvolvan nos sectores da pesca e a acuicultura.

c) Que estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a Estados membros.

Artigo 4. Compatibilidade con outras axudas

Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a persoa beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para a mesma iniciativa, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo II).

Artigo 5. Notificacións

As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario de inicio. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas, o estudantado universitario, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en a que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo III (descrición da iniciativa, cun máximo de 5.000 caracteres, que poña de manifesto os aspectos máis relevantes, valiosos ou atractivos para seleccionar as iniciativas merecedoras do premio).

b) Documento que acredite a constitución da entidade: certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate. De non achegar o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución debidamente rexistradas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

Os empresarios individuais acreditarán a súa condición mediante a documentación que xustifique a afiliación ao réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social.

c) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade solicitante.

d) Anexo IV (autorización de representación), asinado pola persoa solicitante e pola designada como representante no caso de que as persoas físicas actúen a través de representante.

e) Calquera outra documentación que o promotor da iniciativa presentada considere interesante, tal como cartas de apoio, publicacións, fotografías, outros documentos gráficos e, en xeral, calquera outra que contribúa a fortalecer a iniciativa que se presenta.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se presenten documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato que non admite a sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao comezo do expediente, accedendo ao á Carpeta cidadá da persoa interesada. As persoas interesadas que non estean obrigadas a presentar de forma electrónica as solicitudes tamén poderán realizar trámites de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consúltanse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

f) Certificado de estar ao día do pago coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

h) Alta no imposto de actividades económicas.

i) Concesións de subvencións e axudas.

j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Instrución do procedemento

Os actos de instrución do procedemento en virtude dos que se deba ditar a resolución de concesión corresponderán á Subdirección de Promoción Internacional e Rural Intelixente.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá requirirlle ao solicitante para que achegue os datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

Despois de revisar as solicitudes e as emendas feitas, as iniciativas que reúnan todos os requisitos remitiranse ao xurado ou, de ser o caso, á Comisión de Preselección, encargados da súa valoración.

Artigo 11. Proceso de selección das candidaturas

Para conceder os premios constituirase un xurado, que será designado para o efecto por resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo máximo dun (1) mes contado desde que se publique a convocatoria no DOG.

Competen ao xurado, entre outras actuacións:

a) Avaliar as iniciativas de acordo cos criterios referidos no artigo 12 destas bases.

b) Efectuar a proposta de resolución, que terá carácter vinculante para o órgano encargado de resolver a selección das iniciativas premiadas.

c) Resolver as incidencias que puidesen presentarse no curso do procedemento de selección de iniciativas naqueles supostos non previstos nestas bases.

A actuación do xurado rexerase polo disposto na sección 3ª do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Poderase constituír unha Comisión de Preselección, integrada por aqueles membros do xurado que designe a persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mediante resolución ditada para o efecto. A Comisión de Preselección encargarase, de ser o caso, de estudar e revisar a documentación que integra as iniciativas e de preseleccionalas, de acordo cos criterios establecidos no artigo 12 destas bases, así como de decidir sobre aquelas incidencias que poidan xurdir no exercicio destas funcións.

No curso do procedemento de selección, o xurado ou, de ser o caso, a Comisión de Preselección, poden solicitar canta información consideren oportuna respecto das iniciativas presentadas, e poden, para estes efectos, realizar visitas sobre o terreo.

O xurado poderá propoñer que se declare deserto calquera dos premios. Así mesmo, poderá propoñer a concesión compartida dun premio entre varias iniciativas, que repartirán entre si a dotación económica.

Unha vez tramitado o procedemento nos termos anteriormente previstos, a persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural resolverá a concesión dos premios, nos termos previstos na proposta motivada efectuada polo xurado. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, un recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Con todo, pode interpoñerse calquera outro recurso que se considere procedente.

Artigo 12. Criterios de valoración

Os premios outorgaranse ás iniciativas que se adecúen aos requisitos exixidos nestas bases, conforme os seguintes criterios de valoración:

a) Contribución da iniciativa ao obxecto da categoría en que participa (máximo 25 puntos).

b) Contribución da iniciativa á actividade económica do territorio en que se desenvolve (máximo 10 puntos).

c) Grao de contribución da iniciativa á creación de emprego (máximo 10 puntos).

d) Grao de sustentabilidade da iniciativa desde o punto de vista económico, ambiental e sociocultural (máximo 10 puntos).

e) Contribución da iniciativa á incorporación e inserción laboral da muller e en políticas de igualdade (máximo 10 puntos).

f) Grao de consolidación da iniciativa (máximo 10 puntos).

g) Grao de innovación, excelencia e orixinalidade da iniciativa (máximo 10 puntos).

h) Grao de contribución da iniciativa á inserción de colectivos ou persoas socialmente desfavorecidas (máximo 10 puntos).

i) Grao de apoio social da iniciativa (máximo 5 puntos).

O xurado pode establecer unha puntuación mínima de corte. As candidaturas que non alcancen ese mínimo de puntuación serán excluídas do proceso.

Artigo 13. Obrigacións das persoas premiadas

Son obrigas das persoas premiadas:

a) Destinar o importe dos premios para realizar melloras, conservación ou actuacións complementarias respecto das iniciativas premiadas durante o ano seguinte ao pagamento do premio. O importe dos premios non se pode destinar aos gastos correntes propios do funcionamento ordinario da iniciativa premiada que non teñan a consideración de inventariables. As persoas premiadas acreditarán o destino dado ao premio ante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ou ante os órganos de control financeiro cando estes o soliciten, mediante a presentación da documentación xustificativa dos gastos e dos pagamentos realizados.

b) Acreditar, con carácter previo á concesión e ao pagamento dos premios, que están ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, e que non teñen débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Reintegrar, total ou parcialmente, o importe do premio no suposto de incumprimento dos requisitos e condicións establecidas para á súa concesión.

d) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

e) Comunicar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural todos os cambios que se produzan nos requisitos e condicións que determinaron a concesión do premio.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

Deberanse cumprir as obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016,do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Á marxe do anterior, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural fará unha difusión axeitada dos premios concedidos, a través dos medios que, en cada caso, se consideren convenientes, co fin de dar a coñecer as iniciativas premiadas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file