Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7672

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo cuarta edición (código de procedemento MR709A).

BDNS (Identif.): 671398.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da resolución pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo cuarta edición, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións: (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

Primeiro. Obxecto

Fomentar actuacións que animen a participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural.

Segundo. Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo cuarta edición (código de procedemento MR709A).

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 80.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Sexto. Outros datos

Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural