Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7903

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención da Orde do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia financiadas co Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR351A) (Diario Oficial de Galicia número 164, do 30 de agosto).

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrucción publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación, e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

A Comisión avaliou as solicitudes e elaborou unha relación de solicitudes coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 7 destas bases.

O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario ditou proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas, e elevou a proposta de resolución a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, o cal resolverá a concesión das subvencións por delegación da persoa titular da consellería.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia financiadas co Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2022 (código de procedemento MR351A), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 7 da convocatoria, pola contías que se reflicten no anexo, e con cargo á aplicación orzamentaria: 14.04.712B.772.0, código de proxecto 2021 00157, para os anos 2022 e 2023.

Esta axuda ten por finalidade:

i. Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

ii. Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

iii. Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II por non acadar a puntuación mínima de 5 puntos necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no artigo 7 da orde), por non cumprir os requisitos exixidos (como se establece no artigo 4) ou como resultado da aplicación do réxime de concorrencia competitiva establecido no artigo 7.a) do cadro de especificacións da orde, establecido o punto de corte en 5 puntos. No caso de empate en puntos, priorizaranse as situacións indicadas no artigo 7.b) do cadro de especificacións da orde de convocatoria. Se aínda persiste o empate, priorizarase pola antigüidade da explotación segundo o establecido no artigo 7.2 da dita orde.

Terceiro. Informar os beneficiarios que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Orde desta consellería do 12 de agosto de 2022 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

c) O prazo de xustificación destas axudas é ata o 30 de setembro de 2023.

d) O período durante o que deben destinar os bens ao fin concreto é de 5 anos desde o pagamento da axuda.

e) Para proceder ao pagamento da subvención, o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 12 de agosto de 2022 e presentar a documentación indicada nos seu artigo 28, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.

f) Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, cumprindo cos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 29 da Orde do 12 de agosto de 2022, relativo a incumprimentos.

g) As obrigas das empresas e das persoas traballadoras autónomas beneficiarias están relacionadas no artigo 26 da orde.

h) Conforme o disposto no artigo 26.g) da orde de convocatoria, o beneficiario da axuda deberá manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

i) Estas axudas proceden do Fondo/programa operativo: instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do PDR 2014-2020 do seguinte xeito:

Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Encaixe estrutural no plan:

Eixe: submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

Prioridade/prioridade de investimento:

Esta submedida contribúe directamente ás áreas focais: 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa restruturación e modernización, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola); e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura).

j) Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/o gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención non reembolsable, aplicaranse os límites establecidos no artigo 8.a) do cadro de especificacións da orde de convocatoria.

k) O beneficiario deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 21 da orde de convocatoria e no anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014.

Cuarto. Os solicitantes relacionados no anexo I e II disporán de información máis detallada da axuda aprobada ou denegada na súa Carpeta cidadá.

Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Aprobacións

Orde

Código de expediente

Beneficiaria

NIF

Puntos criterios de prioridade

Subvención concedida (importe)

1

362022000038

Cobideza, S. Coop.

F36211019

12

88.582,64

2

272022000006

Aira, S. Coop. Galega

F27317593

11

290234,00

3

152022000049

Cooperativas Lácteas Unidas, S. Coop. Galega

F70509096

11

300.000,00

4

152022000051

Aranxes, S. Coop. Galega

F15799273

11

100.000,00

5

152022000062

Nuestra Señora del Perpetuo Socorro, S. Coop. Galega

F15014236

10

90.792,00

6

362022000019

Campodeza, S. Coop.

F36047058

10

80.398,80

7

152022000005

Cusoviame, S. Coop. Galega

F15025810

9

100.000,00

8

362022000017

O Rodo, S. Coop.

F36100782

9

100.000,00

9

152022000046

Central de Frades, S. Coop. Galega

F15018534

9

82.232,00

10

362022000002

S.Coop. Gandeiros do Deza

F36393775

9

92.800,00

11

362022000012

Maquideza, S. Coop. Galega

F36398923

9

94.607,20

12

362022000011

Gandeiros de Lalín, S. Coop. Galega

F94021250

9

78.080,00

13

272022000057

Vilaxuste, S. Coop.

F27230184

8

21.800,00

14

272022000008

Leira, S. Coop. Galega

F27339043

8

100.000,00

15

362022000020

Aprodeza, S. Coop. Galega

F36188829

8

33.680,00

16

152022000050

Foucellas, S. Coop. Galega

F15847676

8

20.469,20

17

152022000048

Sandión, S. Coop. Galega

F70590286

8

98.316,00

18

272022000045

Coparma, S.Coop. Galega

F27261379

8

99.760,00

19

152022000033

Brandelos, S. Coop. Galega

F15882731

8

100.000,00

20

152022000007

Granxa A Costa, S. Coop. Galega

F70039854

7

79.100,00

21

152022000052

Granxamor Integración, S.Coop. Galega

F70591490

7

100.000,00

22

362022000010

Pena de Francia, S. Coop. Galega

F94004140

7

55.657,20

23

152022000043

CUMA de Xallas e Barcala, S. Coop. Galega

F15844194

7

100.000,00

24

152022000009

Cumadeira, S. Coop. Galega

F15877970

7

92.600,00

25

152022000003

CUMA Xamazas, S. Coop. Galega

F70320684

7

99.400,00

26

152022000037

Portaferreiros, S. Coop. Galega

F70040282

7

24.680,00

27

152022000047

Os Pequeniños, S. Coop. Galega

F70051446

7

99.978,40

28

272022000040

Camposán, S. Coop. Galega

F27274570

7

38.680,00

29

152022000025

Casavella, S. Coop. Galega

F70173083

7

74.084,00

30

362022000018

Sixto, S. Coop. Galega

F36421659

7

99.800,00

31

152022000029

Santaiatordoia, S. Coop. Galega

F15878804

7

40.736,00

32

152022000042

Orceto, S. Coop. Galega

F70511894

7

84.343,20

33

152022000034

Río Mera, S. Coop. Galega

F15949001

7

100.000,00

34

152022000015

Salto, S. Coop. Galega

F15878036

7

87.500,00

35

272022000041

Mesturas, S. Coop. Galega

F27296292

7

92.600,00

36

152022000001

Xallas-Santa Comba, S. Coop. Galega

F15020290

6

46.305,00

37

152022000030

Vitoba, S. Coop. Galega

F70012372

6

94.220,00

38

272022000004

Os Nove, S. Coop. Galega

F27309939

6

75.000,00

39

152022000032

Agroeume, S. Coop. Galega

F15891138

6

36.928,00

40

152022000021

San José de Oa, S. Coop. Galega

F70108360

6

95.680,00

41

362022000028

Novos Gandeiros, S. Coop. Galega

F94185360

6

19.600,00

42

152022000014

Baíñas, S. Coop. Galega

F15878010

6

76.300,00

43

272022000036

Reparma, S. Coop. Galega

F27430248

6

73.844,00

44

152022000054

Fradespapucín, S. Coop. Galega

F15835093

6

83.000,00

45

152022000031

A Lamela, S. Coop. Galega

F70616230

6

7.794,50

46

152022000013

Xazaco, S. Coop. Galega

F15877962

6

76.300,00

47

362022000026

Cumadeza, S. Coop. Galega

F36598530

6

38.400,00

48

272022000022

Penadrada, S. Coop. Galega

F01938257

6

99.494,00

49

152022000027

CUMA Coluns, S. Coop. Galega

F70047998

6

97.864,80

50

272022000024

CUMA do Asma, S. Coop. Galega

F27291772

6

90.552,00

51

152022000016

Soneira de Bergantiños, S. Coop. Galega

F70172739

6

45.325,00

52

322022000055

Cume do Avia, S. Coop. Galega

F32337123

5

8.440,00

53

152022000060

Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S. Coop. Galega

F15000177

5

100.000,00

54

362022000053

Estelas da Terra, S. Coop. Galega

F36587228

5

39.766,40

55

322022000065

Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Galega

F32001976

5

35.688,00

56

272022000058

Fripal, S. Coop. Galega

F27483809

5

100.000,00

57

152022000035

Ganadería do Mouro, S. Coop. Galega

F70337068

5

61.250,00

ANEXO II

Denegacións

Orde

Código de expediente

Beneficiaria

NIF

Motivo de denegación: non cumprir

1

152022000023

Tordoia, S. Coop. Galega

F70015243

Incumpre artigo 5, «non será subvencionable a mera reposición»

2

152022000039

Casa Raña, SAT N 1037 XUGA

V15710114

Incumpre artigo 4, «SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais»

3

152022000044

Ganadería do Campo, SAT N 975 XUGA

V15656382

Incumpre artigo 4, «SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais»

4

152022000059

Nós Agricultores, S. Coop. Galega

F72537541

Incumpre artigo 4, «Cooperativa agraria con sección/servizo de maquinaria»

5

152022000061

SAT N 1028 XUGA A Campa

V15698889

Incumpre artigo 4, «SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais»