Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7949

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de decembro de 2022 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo, na categoría 002 do grupo III e na categoría 062 do grupo III, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro).

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e na categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro); e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 5 de decembro de 2022 (DOG número 235, do 13 de decembro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo, na categoría 002 do grupo III e na categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomar posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de decembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2004; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

1

***3055**

López Crende, José Javier

2

CUA110000315770042

Xefatura administración

ED

Departamento de Política Audiovisual

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Santiago de Compostela

III-002

2

***0710**

Mato Vilar, María

6

MRC030000015770009

Oficial administrativo/a

MR

D. X. de Defensa do Monte

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Santiago de Compostela

III-062

3

***9918**

Lopo Bermúdez, Roberto

3

MRC040000015770100

Oficial administrativo/a

MR

D. X. de Planificación e Ordenación Forestal

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Santiago de Compostela

III-062

4

***6485**

Rodríguez Rodríguez, Margarita

4

PSC991000032001440

Oficial administrativo/a

PS

Xefatura Territorial Ourense

Servizos periféricos

Ourense

III-062

5

***6037**

Osorio Ruiz, Estíbaliz

5

PRV291000032001110

Oficial administrativo/a

EM

Secretaría Xeral de Igualdade-Servizos periféricos (Ourense)

Secretaría Xeral de Igualdade-Servizos periféricos

Ourense

III-062

6

***6662**

Blanco Chaves, Raúl

 

Excedencia voluntaria por incompatibilidade

III-062