Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7952

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se dá publicidade a un novo aspirante que superou o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 11 de xaneiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo), con corrección de erros (DOG núm. 53, do 15 de marzo), de conformidade co disposto na base II.3 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 21 de novembro de 2022 (publicada no DOG núm. 226, do 28 de novembro), este tribunal acordou elevar ao director xeral de Función Pública a lista das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

Segundo. O 11 de marzo de 2019 publicouse no DOG núm. 49 a Resolución do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo sinala a base II.3 da convocatoria: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación obtida na fase de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas».

Non obstante, «para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeados persoal laboral fixo».

Terceiro. O día 23.12.2022, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requírese a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a persoa aspirante que figuraba co número 1 (Carlos Rodríguez Castro, con DNI ***9256**) non presentou a documentación exixida na convocatoria na base IV.2, quedando anuladas as súas actuacións.

Cuarto. Con base no anterior, este tribunal acorda facer público, como anexo a esta resolución, unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupa a posición 3, logo de facer a renumeración, na orde de persoas aspirantes aprobadas. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa aspirante dispón dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2023

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

3

***6329**

González Vázquez, Ramón José

17,75

Exento/a

18,00

35,75