Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7954

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as sete persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito se poida exercer, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG número 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro); visto o Acordo do 13 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, polo que se dá publicidade das sete novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 241, do 21 de decembro), e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte destas sete persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas do subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico, a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, coa cal deberán xuntar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia; ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias con destinos provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020, DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº de orde na elección de destino

Nº de orde no proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

1

79

***1027**

Rouco Vázquez, Begoña

2

80

***5676**

Novoa Vázquez, Rosa María

3

81

***6137**

Regueira Fernández, Noemí

4

82

***8380**

Martín Vicente, José Manuel

5

83

***7734**

Domínguez Castro, Mª del Carmen

6

84

**6652**

García Formoso, Diana

7

85

***7290**

Vázquez Martínez, María

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

Observacións

1

SAC020000515770013

Posto base subgrupo C1 (Tarxeta Sanitaria)

SA

S. X. de Planificación Sanitaria e Aseguramento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1

14

Xornada de mañá ou tarde

2

SAC020000515770016

Posto base subgrupo C1 (Tarxeta Sanitaria)

SA

S. X. de Planificación Sanitaria e Aseguramento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1

14

Xornada de mañá ou tarde

3

SAC020000515770015

Posto base subgrupo C1 (Tarxeta Sanitaria)

SA

S. X. de Planificación Sanitaria e Aseguramento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1

14

Xornada de mañá ou tarde

4

SAC020000515770011

Posto base subgrupo C1 (Tarxeta Sanitaria)

SA

S. X. de Planificación Sanitaria e Aseguramento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1

14

Xornada de mañá ou tarde

5

SAC020000515770012

Posto base subgrupo C1 (Tarxeta Sanitaria)

SA

S. X. de Planificación Sanitaria e Aseguramento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1

14

Xornada de mañá ou tarde

6

SAC020000515770010

Posto base subgrupo C1 (Tarxeta Sanitaria)

SA

S. X. de Planificación Sanitaria e Aseguramento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1

14

Xornada de mañá ou tarde

7

EIC030000215770015

Xefatura de grupo

EI

S. X. de Administración Industrial

Secretaría Xeral de Industria

Santiago de Compostela

C1-C2

14

 

8

EIC992090115230004

Posto base subgrupo C1

EM

Oficina de Emprego de Cee

Servizos Periféricos

Cee

C1

14

 

9

IVA100000015770054

Posto base subgrupo C1

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

C1

14

 

10

MAC040000015770028

Xefatura de grupo

MA

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Santiago de Compostela

C1-C2

14

 

11

MRC060000115770011

Xefatura de grupo

MR

S. X. de Infraestruturas Agrarias

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Santiago de Compostela

C1-C2

14

 

12

MRC992004215560010

Posto base subgrupo C1 (Noia)

MR

Oficina de Noia

Servizos Periféricos

Noia

C1

14

 

13

FCA200000015770022

Xefatura de grupo

FC

Axencia Tributaria de Galicia

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

C1-C2

14

 

14

FCA200000015770023

Xefatura de grupo

FC

Axencia Tributaria de Galicia

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

C1-C2

14

 

15

FCA200000415770026

Xefatura de grupo

FC

Área de Recadación

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

C1-C2

14

 

16

IVA100000015770053

Posto base subgrupo C1

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

C1

14

 

17

MRA110000215770011

Xefatura de grupo

MR

Xerencia

Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal)

Santiago de Compostela

C1-C2

14

 

18

SAC020000115770015

Xefatura de grupo

SA

Vicesecretaría Xeral

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1-C2

14

 

19

PSC020000015770031

Posto base subgrupo C1

PS

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1

14

 

20

PSC050000315770003

Secretario/a de subdirector/a xeral

PS

S. X. de Recursos Residenciais e de Atención Diúrna

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

C1-C2

16

 

21

SAC020000415770001

Secretario/a de subdirector/a xeral

SA

S. X. de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1-C2

16

 

22

SAS020000215770001

Secretario/a de vicexerente/a

SA

Vicexerencia (Sergas)

Xerencia do Servizo Galego de Saúde

Santiago de Compostela

C1-C2

16

 

23

EIC992090115110025

Posto base subgrupo C1

EM

Oficina de Emprego de Boiro

Servizos Periféricos

Boiro

C1

14

Destino: Noia