Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7960

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

No DOG núm. 244, do 26 de decembro de 2022 publicáronse as seguintes resolucións:

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II).

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B, e para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103, 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e persoal laboral propio do Cixtec (grupo III).

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ante as dúbidas xurdidas na interpretación das bases das convocatorias dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocados mediante o sistema de concurso, procédese a modificar as bases publicadas e a corrixir os erros detectados.

Para garantir a prestación dos servizos en condicións de seguridade e protexer a saúde do empregado publico, para as escalas/especialidades e categorías vinculadas ao servizo de prevención e defensa contra incendios forestais e ao servizo de gardacostas de Galicia, engadese unha/s proba/s física/s.

Dado que o prazo de presentación de solicitudes de participación nos procesos selectivos extraordinarios de estabilización iniciouse o 16 de xaneiro e que as modificacións que se engaden ás bases son de carácter esencial, en aras de garantir a igualdade no acceso e para evitar situacións de indefensión, considérase necesario ampliar o prazo de presentación de instancias ata o día 17 de febreiro (incluído), ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG núm. 102, do 30 de maio), polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 5/2022, de 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 243, de 23 de decembro), e coa Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, a Consellería de Facenda e Administración Pública, no uso das competencias que lle atribúe a dita Lei 2/2015, do 29 de abril (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Para todas as convocatorias dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocados mediante o sistema de concurso e publicados no DOG núm. 244 do 26 de decembro de 2022,

1. Engádese un novo anexo ás bases das convocatorias co seguinte contido:

1.1. A experiencia profesional anterior á data de toma de posesión na Xunta de Galicia do persoal procedente doutras administracións públicas en virtude dos procesos de transferencias computarase como servizos prestados na administración de procedencia. Ditos servizos acreditaranse, de ser o caso, mediante certificación da dita administración.

1.2. O persoal funcionario interino ou o persoal laboral temporal con estabilidade afectado polas disposicións transitorias 8 e 9 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia, que non accedese á condición de persoal funcionario de carreira por non ter superado algunha das tres convocatorias, ostentan a condición de persoal laboral fixo a extinguir e, polo tanto, non se lles computarán os servizos prestados para os procesos derivados da Lei 20/2021 dada a súa condición de persoal laboral fixo.

1.3. Nas convocatorias de persoal laboral de categorías vinculadas á extinción de incendios forestais para postos de traballo de 6 meses de traballo anual, os servizos prestados en entes públicos nas ditas categorías computaranse no punto b) experiencia profesional acreditada en calquera outra Administración distinta da Administración convocante.

1.4. As prazas que se atopen afectadas por unha sentenza xudicial que dispoña a súa reclasificación pero non teñan adaptadas as relacións de postos de traballo neste senso, entenderanse convocadas no subgrupo, escala, especialidade ou categoría na que teñan sido reclasificadas. Os servizos prestados nelas, deberán ser valorados no subgrupo, escala, especialidade ou categoría que resulte da reclasificación. Non se terán en conta a estes efectos, as prazas das categorías a extinguir.

1.5. Aquelas titulacións especificas que a Administración competente en materia de Educación admita como idóneas para realizar funcións inherentes á escala, especialidade ou categoría convocada, serán tidas en conta aos efectos de poder participar nos procesos selectivos extraordinarios de estabilización, sempre que dispoñan dunha titulación académica igual o superior ao grupo convocado.

1.6. A compensación económica pola finalización da relación interina ou temporal coa Administración autonómica e o seu sector público pola non superación do proceso selectivo de estabilización, á cal se refire o número 6 do artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro, será incompatible coa superación doutro proceso selectivo de estabilización derivado desta lei e o consecuente mantemento da prestación de servizos na Administración autonómica e o seu sector público, considerados no seu conxunto.

1.7. Unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico. Neste caso, a persoa aspirante deberá comunicar ao órgano convocante a súa opción e será excluída do outro proceso, e o seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo. A devandita exclusión non suporá dereito a compensación.

1.8. Os servizos prestados durante o período no que se goce dunha redución de xornada por algunhas das causas previstas no artigo 106.2 e 3 da LEPG serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

2. Modifícanse ás resolucións das convocatorias de todos os corpos e escalas dos subgrupos A1, A2, C1, C2 e agrupación profesional de persoal funcionario e categorías dos grupos I, II, III, IV e V de persoal laboral, convocados polo sistema de concurso.

2.1. Modifícase o primeiro parágrafo da base I.2.3. Titulación (excepto agrupación profesional e grupo V de persoal laboral):

Onde di:

«Para tal efecto, e para o suposto de que non se acreditase xunto coa solicitude de inscrición, o órgano convócante sinalará un prazo de presentación nun momento anterior á confección por parte do tribunal da listaxe de persoas aprobadas do dito proceso. As titulacións obtidas despois dese prazo non se terán en conta para a confección da dita proposta de persoas aprobadas».

Debe dicir:

«Para tal efecto, deberá autorizar a consulta da titulación xunto coa solicitude de participación. No suposto de que non se autorice, o órgano convócante sinalará un prazo de presentación nun momento anterior á confección por parte do tribunal da listaxe de persoas que superan o dito proceso. As titulacións obtidas despois dese prazo non se terán en conta para a confección da dita proposta de persoas aprobadas».

2.2. Amplíase o prazo indicado na base I.3.2 de todas as convocatorias ata o día 17 de febreiro de 2023 (incluído).

2.3. Modificase a base I.3.5 de todas as convocatorias quedando redactada do seguinte xeito:

Non poderá presentarse mais dunha solicitude de participación por cada proceso selectivo. No caso de presentar varias solicitudes para una mesma escala, especialidade ou categoría, soamente se terá en conta a última presentada.

2.4. Modifícase o primeiro parágrafo da base II.4, quedando redactado do seguinte xeito:

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que teñan acreditado que posuían, antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, de 30 de xullo), modificada pola Orde de 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, de 19 de febreiro).

2.5. Modificase o punto III.1.1, apartados a) e b) de todas as convocatorias establecendo a experiencia profesional a nivel especialidade, quedando redactado do seguinte xeito:

a) Experiencia profesional acreditada, entendida como os servizos prestados na Administración convocante, como empregado público na propia escala/especialidade ou categoría profesional á que se opta ou na escala/especialidade ou categoría profesional equivalente, a razón de 0,30 puntos por mes traballado con vinculación temporal ata un máximo de 70 puntos.

b) Experiencia profesional acreditada, entendida como os servizos prestados en calquera outra Administración pública diferente das anteriores, como funcionario interino ou persoal laboral temporal na propia escala/especialidade ou categoría profesional á que se opta ou na escala/especialidade ou categoría profesional equivalente, sempre que se inclúa dentro de mesmo grupo de titulación, a razón de 0,125 puntos por mes traballado con vinculación temporal ata un máximo de 70 puntos.

2.6. Modifícase a base III.1.2, a) quedando redactada do seguinte xeito:

Cursos de formación. Valoraranse os cursos de formación recibidos convocados ou organizados ou impartidos pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP); polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP); polas escolas oficiais de formación similares das restantes comunidades autónomas; pola Academia Galega de Seguridade Pública; pola Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS); pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS); cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas; cursos impartidos polas organizacións sindicais que estean homologados pola EGAP; cursos acreditados polo INEM; cursos acreditados polas consellerías da Xunta de Galicia ou das entidades que figuran no anexo V da presente convocatoria; cursos impartidos polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; cursos impartidos por ministerios da Administración xeral do Estado e cursos impartidos por universidades.

2.7. Para as categorías vinculadas ao servizo de gardacostas de Galicia e ao servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, engádese unha proba física, consistente en:

2.7.1. Para a escala técnica do servizo de gardacostas de Galicia, (subgrupo A1), a escala operativa do Servizo de gardacostas de Galicia, especialidade Patrón e Mecánico, (subgrupo C1) e a Escala de axentes do Servizo de gardacostas de Galicia (subgrupo C1):

As persoas aspirantes deberán realizar tres probas de aptitude física de carácter eliminatorio cada unha, que serán comúns para todas as escalas e especialidades vinculadas ao Servizo de Gardacostas de Galicia:

– Primeira proba: subida escala de vento. Subir e baixar 5 metros en sesenta (60) segundos os homes e noventa (90) segundos as mulleres.

– Segunda proba: carreira de 1.000 metros nun tempo máximo de seis (6) minutos para os homes e seis (6) minutos e trinta (30) segundos para as mulleres.

– Terceira proba: proba de natación. 50 metros no estilo elixido polas persoas aspirantes nun tempo máximo de noventa (90) segundos os homes e cen (100) segundos as mulleres.

As persoas aspirantes deberán presentarse á realización das probas coa roupa e co calzado que consideren adecuados e cun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

Para a proba de natación as persoas aspirantes utilizarán traxes de baño (que achegarán elas mesmas) e do modelo que desexen. Queda prohibida a utilización de traxes de neopreno ou similares e axudas para a flotabilidade e/ou o incremento da velocidade de calquera tipo.

O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto en cada unha das tres probas de aptitude física.

2.7.2. Para a categoría 38 Técnico/a superior defensa contra incendios forestais do grupo I de persoal laboral, categoría 39 Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais do grupo II de persoal laboral, a escala técnica do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais na especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo B), na categoría 100 Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada do grupo III de persoal laboral, na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais nas especialidades bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba e especialidade bombeiro/a forestal (subgrupo C2), na categoría 33 Condutor/a motobomba defensa contra incendios forestais do grupo IV de persoal laboral e nas categorías 14 Bombeiro/a forestal e 14A Bombeiro/a forestal condutor/a do grupo V de persoal laboral.

As persoas aspirantes deberán realizar unha proba física de carácter eliminatorio. Dita proba consistirá en superar a proba física «Field Test», que consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos. As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto.

2.7.3. Para a categoría 38 Técnico/a escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais especialidade de emisorista/vixilante fixo/a (subgrupo C2), e para o grupo V das categorías 10B vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais e 10C emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios, as persoas aspirantes deberán realizar unha proba de carácter eliminatorio na que se examinará a agudeza visual lonxana en ambos os dous ollos, así como a visión cromática; realizado cun aparato para control da visión tipo Visiotest ou equivalente.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto.

O tribunal, en consideración ao número de persoas aspirantes convocadas, poderá decidir a realización das probas en diferentes chamamentos.

Para a realización das probas física das escalas/especialidade e categorías que figuran no punto 2.7, convocárase a un numero de persoas aspirantes igual ao número de prazas convocadas máis o 20 % delas, seguindo a orde de puntuación obtida na fase de concurso.

O tribunal, en consideración ao número de persoas aspirantes convocadas, poderá decidir a realización das probas en diferentes chamamentos.

A execución da proba física será pública, pero non se permitirá a súa gravación por medio audiovisual algún porque puidera afectar a súa seguridade, ao dereito á intimidade persoal e á propia imaxe das persoas intervenientes nesta.

3. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo A1.

3.1. No anexo I «Prazas convocadas persoal funcionario» no recadro VII. Escala de veterinarios elimínase o apéndice (d).

No anexo I « Prazas convocadas persoal funcionario» retíranse da convocatoria as prazas da Escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade seguridade no traballo e especialidade hixiene industrial.

As persoas aspirantes afectadas pola retirada do proceso da convocatoria, poderán solicitar a devolución das taxas, a partir do dia seguinte á publicación desta resolución, nos termos establecidos na convocatoria.

3.2. No anexo III «Titulacións» modifícanse as seguintes:

Proceso selectivo

Titulación

Escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros

Licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama e máster que habilite para o exercicio da profesión de profesor ou certificado de aptitude pedagóxica ou equivalente

No anexo III «Titulacións» retíranse as titulacións de Especialidade seguridade no traballo e Especialidade hixiene industrial.

4. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo A2.

4.1. No anexo II «Prazas convocadas persoal laboral» convócase unha praza no grupo II da categoría 004. Mestre/a instrutor/a.

4.2. No anexo III «Titulacións» modifícanse as seguintes:

Proceso selectivo

Titulación

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiro

Diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama e máster que habilite para o exercicio da profesión de profesor ou certificado de aptitude pedagóxica ou equivalente

Mestre/a instrutor/a

Título de mestre/a. Título de Grao en mestre/a de educación infantil ou de educación primaria. Título de diplomado/a en profesorado de educación xeral básica. Título de mestre/a de ensino primario

5. Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo C1.

5.1. No anexo I «Prazas convocadas persoal funcionario», modifícase a denominación da escala técnica operativa do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, por escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.

5.2. No anexo III «Titulacións» modifícanse ou engádense as seguintes:

Proceso selectivo

Titulacións

Escala técnica de cociña

Técnico na rama de hostaleira, restauración ou equivalente

Escala técnica de condución

Bacharel ou técnico e carné de conducir tipo C + tipo E

Escala técnica de análises de laboratorio

Técnico na rama de sanidade, de bioloxía, de química ou marítimo pesqueira

Escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais

Técnico superior en xestión forestal e do medio natural o equivalente e carné, autorización ou licenza que sexan necesarios para o manexo dos vehículos.

Mestre/a de taller

Bacharelato, técnico superior ou equivalente

5.3. No anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías» na Escala técnica de mantemento de servizos elimínase como escala ou categoría equivalente a categoría profesional 86 do Grupo III do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e engádense as seguintes filas:

Proceso selectivo

Escala ou categorías equivalentes

Especialidade gobernante/a

A categoría profesional 4 do grupo III do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Escala de animador sociocultural

– A categoría profesional 30 do Grupo II do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia

– A categoría profesional 90 do Grupo III do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

6. Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo C2.

6.1. No anexo I «Prazas convocadas persoal funcionario», no Corpo auxiliar da Administración xeral elimínase «Inclúe prazas de auxiliar-condución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar».

6.2. No anexo III «Titulacións» modifícanse ou engádense as seguintes:

Escala de xerocultor

Titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta escala.

Bombeiro/a forestal

Graduado en ESO e carné de conducir tipo B

Bombeiro/a forestal condutor/a-motobomba

Graduado en ESO e carné de conducir tipo C e B

Escala de auxiliar de condución

Graduado en ESO e carné de conducir tipo C1

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial

Titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta escala e carné, autorización ou licenza que sexan necesarios para o manexo dos vehículos e da maquinaria.

6.3. No anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías» modifícanse ou engádense as seguintes:

Proceso selectivo

Escala ou categorías equivalentes

Corpo auxiliar

– As categorías profesionais 1, 22, 28, 30, 32 do grupo IV do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

– As escalas establecidas no punto D do anexo do Decreto 91/1991, do 20 de marzo, sobre integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Posto base subgrupo C2 no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

– Oficial de xestión de recursos comúns transferido do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Especialidade emisorista/vixiante/a fixo/a

As categorías profesionais 10B e 10C do grupo V do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Bombeiro/a forestal

As categorías profesionais 14 e 14A do grupo V do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Bombeiro/a forestal condutor/a-motobomba

As categorías profesionais 33 do grupo IV do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Escala de auxiliar de condución

– A categoría profesional 16 do grupo IV do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Condutor transferido do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

– Auxiliar-condución no Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar.

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais

Especialidade oficial

– As categorías profesionais 9, 40 e 42 do grupo IV do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

As categorías do grupo IV, pendentes de definir, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das IIlas Atlánticas

7. Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo Agrupación Profesional:

7.1. No anexo III «Táboa de equivalencias de escalas/categorías» engádese a seguinte fila:

Proceso selectivo

Escala ou categorías equivalentes

Escala de persoal subalterno AP

– As escalas establecidas no apartado E do anexo do Decreto 91/1991, do 20 de marzo, sobre integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

– As categorías profesionais 3 e 10E do grupo V do V

Convenio colectivo de persoal laboral da Xunta de Galicia.

7.2. Engádese o anexo V «Requisitos»:

Proceso selectivo

Requisitos

Categoría 14A Bombeiro/a forestal condutor/a

Carné de conducir B (estar en posesión ou en condicións de obtelo antes da publicación no DOG da resolución das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo)

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública